O BNG esixe a Renfe que revise as "abusivas tarifas" do Alvia a Galicia

Denunciaron que Renfe non cumpre co principio de informar os usuarios con suficiente tempo da programación horaria dos trens. "Aínda non puxo en venda os trens para abril", indicou Néstor Rego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2024 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a senadora nacionalista, Carme Da Silva, presentaron senllas iniciativas parlamentarias para reclamar a Renfe que revise canto antes as "abusivas tarifas" dos trens Alvia a Galicia. Así o sinalou o Bloque nun comunicado, no que asegura que estes prezos "experimentaron uns incrementos desmesurados" nos días de Semana Santa e nas fins de semana, "sobre todo despois de que non se puxesen en venda os billetes para os Avril".

Os parlamentarios dirixiron numerosas preguntas ao Ministerio de Transportes para saber cando estarán operativos os trens Avril, a que se debe o novo atraso, cantas unidades vanse a destinar a Galicia e se estes trens pasaron todas as fases establecidas con éxito. O BNG, que incide na importancia de que os novos modelos cumpran todos os requisitos de seguridade, denuncia que Renfe non cumpre co principio de informar os usuarios con suficiente tempo da programación horaria dos trens. "Aínda non puxo en venda os trens para abril", indicou.

"A información previa é inexistente e os usuarios e usuarias non poden organizarse. Os billetes póñense á venda con moi pouco tempo, como os de marzo, e por encima con prezos dos máis caros do Estado", censura o Bloque, que tamén lamenta que Renfe lanzase ofertas para moitos sitios durante a Semana Santa, excepto para Galicia.

GARANTIR A PERMANENCIA DOS ACTUAIS HORARIOS

En relación aos trens da serie 106, o BNG pide ao Ministerio que informe da planificación e detalle o número de frecuencias, a política tarifaria e que poña a disposición os suficientes maquinistas. Así mesmo, o BNG esixe que o departamento explique se garante o mantemento das actuais frecuencias ferroviarias, sen eliminar nin variar nada, unha vez que entren en servizo os Avril.

"Vaise a deseñar unha programación complementaria entre os distintos servizos ferroviarios?", preguntou o Bloque, que cuestiona tamén ao Goberno sobre se pode asegurar que os novos horarios non van interferir cos existentes e se considera pertinente que se manteñan os trens que fan de lanzadeira a Ourense.

Os nacionalistas tamén propoñen que se aproveiten as máximas potencialidades dos novos trens de forma que sirvan para reforzar as frecuencias dos servizos nos horarios de maior demanda do Eixo Atlántico ferroviario nas quendas de primeira hora, mañá, mediodía e tarde. Para o BNG, "incrementar as frecuencias diarias con Madrid non pode ser o único obxectivo". "É imprescindible facer unha planificación que redunde na mellora dos servizos en Galicia, en tanto se espera á implantación dos servizos de proximidade comprometidos polo Goberno co BNG", apunta.

O deputado electo do BNG Néstor Rego e a senadora Carme da Silva, en rolda de prensa
O deputado electo do BNG Néstor Rego e a senadora Carme da Silva, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Se temos a Autoestrada máis cara debemos ter os Trens máis caros do mundo ! Galicia ben o merece... Sempre á cabeza en todo... E de seguir Nestor Rego facendo preguntas tan amplas e reviridas seguro que o Ministerio estará encantado de seguir planificando segundo indica o Señor Rego: exemplo, fágoche descontos na AP-9 se vives nela (21 viaxes ao mes) ! Seica é un proceso de Fidelización Infinito !

1 Ferroviario

Galicia non ten, para nada, os trens mais caros do mundo. Por favor. Coruña- Santiago anda por seis - sete euros. O que pasa é que as tarifas Galicia - Madrid increméntasen moito en trens concretos ( subindo do prezo normall, uns 40 - 50 euros) , cando sube a demanda, e quedan poucos billetes, o mesmo que os avións.