Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2024 | Actualizada ás 18:36
O PSOE de Santiago levará a pleno o debate sobre a "pertenza" da zona ORA en Santa Marta e o PP local esixe a "inmediata supresión" desta medida.
O portavoz dos socialistas, Gonzalo Muíños, insistiu en que "é a extensión" da zona azul a diferentes rúas de Santa Marta o que "provocou" que algúns dos vehículos que aparcaban nesas prazas agora aparquen nas inmediacións do CHUS "complicando, máis aínda, a situación que xa era crítica".
Muíños explicou que a extensión da zona ORA á Avenida de Barcelona, Bilbao e Antonio Rama, "favoreceu a eliminar" desas zonas os vehículos que permanecian estacionados durante toda a semana, pero cuestionou que esta medida "prexudique" a situación do propio aparcadoiro do Clínico.
Aínda que recoñeceu que a zona azul en Santa Marta "podería ser necesaria", insistiu en que antes diso "era necesario mellorar" a rotación do entrono do Clínico, algo que "só pode facer a Xunta".
PP ESIXE A "RETIRADA INMEDIATA"
Pola súa banda, o PP de Santiago esixiu ao Goberno do BNG a "retirada inmediata" da zona ORA ante as "críticas" por parte dos veciños e dos propios traballadores e usuarios do Clínico, que ven a medida como unha "recadación ruín".
O concelleiro popular, Adrián Villa, destacou que desde o mércores, día no que comezaron as sancións nas rúas de ao redor do CHUS, o seu partido avisou do "afán recadatorio" da medida.
"Tamén denuciamos que a iniciativa estaba infestada de chapuzas, como fallos nos parquímetros, erros na aplicación móbil do pago da ORA e, a maiores, había unha clara falta de planificación, improvisación e descontrol por parte do goberno municipal", criticou Villa.
A continuación, explicou que os usuarios, "ben por descoñecemento", polo "medo" de ser sacionados no caso de non poder renovar o tícket ou por "non pagar este tarifazo" tentan de aparcar dentro do propio ámbito do Hospital. Para os populares o goberno local o que xerou é "un problema" que antes "non existía".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.