Sete de cada 100 peregrinos chegados a Santiago en 2023 eran estadounidenses

En concreto, dos máis de 440.000 peregrinos que selaron a súa Compostela en 2023, máis de 32.000 procedía de EE.UU., un 7 % máis que un ano antes. O segundo país de procedencia por detrás de España.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2024 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia puxo en valor o auxe da peregrinación a Galicia procedente de Estados Unidos (EE.UU.), xa que sete de cada 100 camiñantes chegados a Santiago viña do país norteamericano, situándose no segundo posto nas estatísticas só por detrás de España. En concreto, dos máis de 440.000 peregrinos que selaron a súa Compostela en 2023, máis de 32.000 procedía de EE.UU., un 7 % máis que un ano antes, mentres que de España viñan 197.100 persoas. No que vai de exercicio, 376 peregrinos chegaron de Estados Unidos, un 5,11 % do total.

Precisamente este luns o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, recibiron a unha representación da sección consular da embaixada de Estados Unidos en España. No encontro profundouse na seguridade das rutas xacobeas e na súa divulgación.

Na reunión participaron o cónsul da embaixada, Rafael Andrade, e a supervisora da Sección de Cidadáns Americanos, Kimberley Wise, e ambos abordaron o auxe desta peregrinación a Santiago e o traballo da Xunta para garantir a seguridade do Camiño. Nun comunicado, o Goberno galego lembrou que en 2023 levaron a cabo por parte da Policía Autonómica máis de 7.500 actuacións nos distintos camiños para garantir a seguridade dos peregrinos, das que máis de 2.300 correspóndense con inspeccións das distintas rutas.

Masificación de peregrinos baixo o Pazo de Raxoi
Masificación de peregrinos baixo o Pazo de Raxoi | Fonte: EFE - Arquivo

Sete de cada 100 peregrinos chegados a Santiago eran de EE.UU., segundo país de procedencia só por detrás de España
Sete de cada 100 peregrinos chegados a Santiago eran de EE.UU., segundo país de procedencia só por detrás de España | Fonte: XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta