Sabes cantos millóns de euros recibirá Amancio Ortega este ano polos beneficios de Inditex?

A súa filla, Marta Ortega cobrou un millón de euros no seu segundo ano á fronte de Inditex (sen contar beneficios accionariais) e García Maceiras, 10,3 millóns.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/03/2024 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

O fundador e primeiro accionista de Inditex, Amancio Ortega, ingresará este ano 2.845 millóns de euros en concepto de dividendos da compañía, por encima dos 2.217 millóns de euros que percibiu por este concepto o ano pasado.

En total, a compañía retribuirá este ano aos seus accionistas con preto de 4.800 millóns de euros, tras elevar un 28% o dividendo, ata 1,54 euros por acción. Tras anunciar un beneficio marca de 5.381 millóns de euros en 2023, un 30,3% máis, o consello de administración proporá á xunta xeral de accionistas un incremento do dividendo do 28% para o exercicio 2023, ata 1,54 euros por acción, integrado por un dividendo ordinario de 1,04 euros e un dividendo extraordinario de 0,50 euros por acción.

O dividendo componse de dous pagos iguais: o 2 de maio de 2024 un pago de 0,77 euros por acción, correspondente ao dividendo ordinario, e o 4 de novembro de 2024 un pago de 0,77 euros por acción (0,27 euros ordinario máis 0,50 euros extraordinario).

Amancio Ortega nunha imaxe de arquivo / Europa Press - Arquivo / Europa Press
Amancio Ortega nunha imaxe de arquivo / Europa Press - Arquivo / Europa Press

AS SÚAS FILLAS

Pola súa banda, a súa filla Sandra Ortega, que posúe o 5,053% da firma galega (157,48 millóns de accións), cobrará este ano máis de 242 millóns en dividendos de Inditex, fronte aos 188 millóns de euros que percibiu o ano anterior.

A outra filla e presidenta non executiva de Inditex, Marta Ortega, percibiu unha remuneración dun millón de euros no seu segundo ano á fronte da compañía (sen contar os beneficios que obtivo en dividencos), mentres que o conselleiro delegado, Óscar García Maceiras, cobrou 10,3 millóns de euros, segundo consta no informe anual de goberno corporativo remitido á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

A filla de Amancio Ortega emprendeu a súa nova etapa profesional á fronte de Inditex o pasado 1 de abril de 2022, mentres que García Maceiras asumiu o seu cargo en novembro de 2021, data na que se anunciaron os cambios na dirección da firma.

En concreto, a presidenta de Inditex percibiu un millón de euros en 2023 (100.000 euros en retribución fixa e 900.000 euros noutros conceptos), fronte aos 834.000 que cobrou no seu primeiro ano á fronte da compañía.

GARCÍA MACEIRA

Pola súa banda, García Maceiras cobrou 2,5 millóns de euros corresponden en soldo, 3,75 millóns de euros pola retribución variable a curto prazo e 1,18 millóns de euros pola retribución variable a longo prazo, é dicir, un total de 7,53 millóns de euros.

A estes conceptos súmanse outros 2,78 millóns de euros por beneficio bruto das accións ou instrumentos financeiros consolidados, polo que a retribución total de García Maceiras elevouse a 10,3 millóns de euros en 2023. En 2022, o conselleiro delegado de Inditex cobrou 6,92 millóns de euros.

En total, o consello de administración de Inditex percibiu en 2023 unha retribución de 13,46 millóns de euros, mentres que a retribución media dos empregados situouse en 36.000 euros, un 12% máis.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta