Presentan a 24 edición de 'Correlingua' con reproches á "gran ausente" Xunta

Os centros educativos teñen ata o 25 de abril para inscribirse nas carreiras polo galego que se celebrarán en once localidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2024 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

O Correlingua, actividade na que nenos de distintos centros educativos xúntanse para correr polo galego, celebra a súa 24 edición na que, a xuízo do secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, "falta a Consellería de Educación", que "ten as competencias" para garantir o galego nas aulas.

Na presentación da edición deste ano, Bermello lamentou a "gran ausencia da administración autonómica" nos 24 anos da iniciativa, así como a súa "política de ocultación e relegación" da lingua e agradeceu o traballo de concellos, deputacións e do profesorado.

Parte do alumnado galego participará no mes de maio nas actividades programadas para A Coruña, Narón, Bueu, Lugo, Ourense, Compostela, A Estrada, Vigo, Monforte, Pontevedra e Burela, baixo a lema 'Dende aquí ata acolá, galego xa!'. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín conduciu a presentación e convidou aos centros de ensino a participar na actividade, cuxa inscrición ten como prazo o 25 de abril. "Non hai un só dato estatístico que non nos mostre que a perda de falantes é alarmante", advertiu a vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, Celia Armas.

"NON É SÓ A CARREIRA"

Pola súa banda, o presidente da asociación Correlingua, Anxo Terán, sinalou a importancia de todas as actividades que o evento realiza nos centros como talleres, concursos ou encontros con autoras "durante todo o ano". Así, destacou unha actividade de regueifas --disputas en verso improvisadas-- que xurdiu durante o Covid-19 e que "vai a máis cada ano".

Terán deu a coñecer aos grupos e músicos gañadores da convocatoria do Correlingua deste ano, quen se encargarán de animar as festas no once localidades que este ano visitará o Correlingua. De entre as 29 propostas, resultaron gañadores A Gramola Gominola coa canción 'Superlingua'. O segundo posto foi para Cuarta Xusta con 'Presumo de galego', seguidos de Mekánika Rolling Band e 'Miña nai' e, empatados, Paco Nogueiras coa canción 'Festa!' e Pauliña con 'Pauliña sen faser nada'.

O cartel deste ano é obra da dibujuante e autora de banda deseñada coruñesa, Xulia Pisón. XULIA PISÓN
O cartel deste ano é obra da dibujuante e autora de banda deseñada coruñesa, Xulia Pisón. XULIA PISÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta