A voz dos actores e actrices de dobraxe encherá as rúas de Compostela este domingo

Tendo en conta que ten un convenio que non se modifica desde o ano 2006.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2024 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

O colectivo de dobraxe de Galicia sairá ás rúas de Santiago de Compostela este domingo para denunciar a súa situación e "loitar polos seus dereitos", tendo en conta que ten un convenio que non se modifica desde o ano 2006.

Nos últimos 18 anos, lembra este colectivo, "non se subiu nin un céntimo, nin un IPC". Así, "por se isto fose pouco, cando traballan en castelán, as empreas pagan entre un 25% e un 38,4% menos" e, de "non aceptar estas condicións, serán vetados". Estas e outras reclamacións son as que levan á asociación Artistas de Dobraxe Asociados (ADA) a saír ás rúas este domingo 17 de marzo, "cansados de que a patronal se negue a cumprir a lei".

A convocatoria de ADA, que conta co apoio dos sindicatos CIG, CC OO e UXT, partirá da Alameda de Santiago ás 12 horas para chegar ata a Praza de Praterías, onde lerán o manifesto. Ademais, contan co respaldo da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e recibiron o apoio público da cantante Guadi Galego, o chef Javier Oleiros (Culler de Pau), o xornalista Gonzo e entidades como A Mesa pola Normalización Lingüística, segundo explican nun comunicado.

Rolda de prensa dos profesionais da dobraxe de Galicia
Rolda de prensa dos profesionais da dobraxe de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta