Irrepetíbel Javi Gómez Noya

O galego convértese no mellor triatleta da historia tras gañar o seu quinto Mundial cun segundo posto na gran final de Chicago, onde venceu Mario Mola. Terceiro título consecutivo para o ferrolán.

Por gcdeportes | Compostela | 20/09/2015 | Actualizada ás 02:34

Comparte esta noticia

2008, 2010, 2013, 2014… e 2015. Quinto campionato do mundo, terceiro consecutivo. O galego Javier Gómez Noya, con 32 anos, xa é o mellor triatleta de tódolos tempos e entra na historia do deporte galego e mundial. Este sábado en Chicago (madrugada do domingo en Galicia), acadou o quinto título, superando ao británico Simon Lessing, que tiña catro. Un novo récord histórico para o deportista ferrolán nado en Basilea.

Javi Gómez Noya, no alto do podio.
Javi Gómez Noya, no alto do podio. | Fonte: triathlon.org

Galicia estivo pendente da gran final de Chicago. E o campión galego non fallou. A proba saiu segundo o guión previsto: Gómez Noya controlou a carreira en todo momento e chegou a meta na segunda posición, só por detrás do mallorquino Mario Mola. Máis que dabondo para revalidar o título mundial, xa que lle chegaba con subir ao podio.

Só pasou un momento de apuro, cando ao principiar o segmento da bicicleta quedou cortado cos seus rivais (Mola, Vincent Luis e o reaparecido Jonathan Brownlee), pero axiña recuperou a cabeza da proba. Á última transición chegaron preto de 55 triatletas, e axiña Javi Gómez Noya e Mario Mola fuxiron do resto dos participantes. O ferrolán tentou deixar atrás ao mallorquino, pero no man a man gañou Mola. O galego entrou a catro segundos, e terceiro foi o sudafricano Richard Murray.

Na liña de meta, Gómez Noya insistía no seu vindeiro reto: os Xogos Olímpicos de Rio'2016. Pola súa banda, Mario Mola destacou: "Somos uns afortunados de competir cunha lenda".

Gómez Noya celebra os cinco Mundiais.
Gómez Noya celebra os cinco Mundiais.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Jesucristo (pm)

O deporte español é a hostia. Todo victorias. Ni Tonecho Losada.

2 Eureka

PARABENS!!!!! UN dos mrllores deportistas d MUndo. Un xenio

1 Anónimo

Javi Gómez Noya, o mellor deportista galego da historia xunto con David Cal.