O XXXIII Tríatlon Vila de Allariz será o sábado 23 de agosto

Esta edición disputarase na modalidade sprint, consistente en 750 metros de natación, 24 quilómetros de ciclismo e 5.000 metros de carreira a pé. A participación está limitada a 125 deportistas, aos que se suman 25 prazas reservadas pola organización.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 27/07/2025 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Concello de Allariz, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, organiza unha nova edición do Tríatlon Vila de Allariz o sábado 23 de agosto de 2025, a partir das 18:00 horas.

Javier López, Cristina Cid e Carlos Puga na presentación. Foto: Comunicación Concello de Allariz.
Javier López, Cristina Cid e Carlos Puga na presentación. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

Na presentación oficial do evento participaron a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, o concelleiro de Deportes, Carlos Puga, e o coordinador deportivo municipal, Javier López; os cales salientaron o gran valor desta proba no calendario deportivo local, tanto polo seu nivel competitivo como pola promoción do deporte ao aire libre.

As inscricións estarán abertas do 1 ao 18 de agosto, ou ata esgotar prazas, e poden facerse a través da web da Federación Galega de Tríatlon: www.fegatri.org. Poderán participar tanto deportistas federados como persoas non federadas, que deberán tramitar unha licenza dun día.

Para os deportistas empadroados en Allariz, a organización reserva 25 prazas especiais, e a súa inscrición deberá facerse mediante correo electrónico a deportes@allariz.gal.

A recollida de dorsais realizarase o día da proba, entre as 16:30 e as 17:30 horas na Alameda de Allariz, seguida do control de material e a reunión técnica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta