Santiago rexistra a máxima precipitación da última semana en España

Os encoros galegos non sofren grandes cambios respecto de hai unha semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2024 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

Santiago rexistrou a máxima precipitación na última semana en España, con 22,1 litros por metro cadrado. Foron sete días con escasas precipitacións na vertente atlántica e moi escasas en zona mediterránea. Así figura nos datos hídricos que publica o Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes. Pola súa banda, os encoros galegos mantéñense de forma similar a hai unha semana.

Deste xeito, os encoros de Miño-Sil, os de maior volume, atópanse cunha reserva de 2.682 hectómetros cúbicos, o 85% da súa capacidade. A cifra é superior tanto á mesma data de 2023 como á media dos últimos 10 anos.

Mentres, os encoros da vertente Galicia Costa atópanse con 633 hectómetros cúbicos, ao 92,5%. Este dato é maior a hai un ano e á media da última década.

Intensas chuvias en Galicia
Intensas chuvias en Galicia | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta