Ana Miranda pide recuperar e protexer o panteón da Casa de Galicia en Montevideo

A eurodeputada do BNG mantivo encontros coa colectividade galega en Montevideo e Buenos Aires.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2024 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, fixo un chamamento para evitar a perda do panteón da Casa de Galicia en Montevideo como, sinalou, xa ocorreu coa súa sede social e o sanatario. "Non podemos permitir que se perda o patrimonio galego na diáspora, sexa tanto en Buenos Aires como en Uruguai", manifestou Ana Miranda, que participou en Buenos Aires e na capital uruguaia en diferentes xornadas de traballo nas que mantivo encontros coa colectividade galega.

En concreto, en Montevideo mantivo reunións co Padroado da Cultura Galega e coa Casa de Galicia, entidade creada tras o peche "inxusto" da Casa de Galicia. Alí, segundo trasladou o BNG nunha nota de prensa, a directiva trasladoulle á eurodeputada do Bloque o seu agradecemento polas denuncias e xestións levadas a cabo para evitar a perda do patrimonio, "coa complicidade do goberno uruguaio e do goberno galego".

Así mesmo, Miranda destacou o traballo desenvolvido pola directiva do Colexio Santiago Apóstolo de Buenos Aires, así como do Centro Galicia e da Federación de Asociacións Galegas de Arxentina, entidades coas que se reuniu en días previos.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, nunha visita na Casa de Galicia en Montevideo (Uruguai).. BNG
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, nunha visita na Casa de Galicia en Montevideo (Uruguai).. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Nos estertores do seu "mandato" como eurodeputada (1 ano de 5) adícase aos Panteóns ? Galicia debe ter un gran futuro cando estamos preocupados do Panteón de Galegos Ilustres e dos Panteóns da Memoría... Volverá a BNG presentarse ás Europeas disfrazado de galeguista (cando a candidatura estará encabezada por ERC e Bildu?) Seguiremos sendo "a becaria" da representación europea outros cinco anos máis...? Case mellor nos retiramos a descansar en paz...