Terremoto en Fornelos de Montes de magnitude de 2,6

Este tremor, de nivel II-III de intensidade segundo o IGN, notouse nas localidades de Carballo, Arteixo, Tordoia e A Laracha, entre outras

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2024 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

O municipio pontevedrés de Fornelos de Montes rexistrou este mércores un terremoto de magnitude 2,6.

Segundo informou o Instituto Xeográfico Nacional, o sismo produciuse ás 17,45 horas e orixinouse a 10 quilómetros de profundidade.

Por outra banda, ás 7,45 horas, tamén da xornada do mércores, tivo lugar un terremoto de magnitude 2,8 na localidade coruñesa de Cerceda e iniciouse a tres quilómetros de profundidade.

Este tremor, de nivel II-III de intensidade segundo o IGN, notouse nas localidades de Carballo, Arteixo, Tordoia e A Laracha, entre outras.

Terremoto Fornelos de Montes
Terremoto Fornelos de Montes | Fonte: IGN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta