Galicia activa este sábado a alerta por temporal costeiro e por vento

Baixarán as temperaturas e agárdase tamén choiva, máis probable durante a mañá e na franca atlántica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2024 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Galicia activará este sábado a alerta por temporal costeiro e por vento, ao esperarse refachos superiores aos 80 quilómetros por hora en varios puntos da comunidade.

Segundo Meteogalicia, as Rías Baixas estarán ata a última hora da tarde do sábado en alerta amarela por mar combinado con ondas de catro a cinco metros. Pola súa banda, o litoral da Costa da Morte activará, esta madrugada, a alerta amarela por mar combinado do oeste con ondas de cinco a seis metros e estará en aviso amarelo por vento de forza sete. O litoral noroeste da Coruña estará en aviso amarelo, desde esta madrugada por vento, e a partir das 9,00 horas do sábado por ondas que pode alcanzar os cinco metros.

Ademais, o oeste da Coruña, A Mariña, a montaña de Lugo e a montaña de Ourense estarán en aviso amarelo por vento, con refachos que poden chegar a superar os 80 quilómetros por hora.

Durante esa xornada, a comunidade galega manterase na influencia das baixas presións, cunha fronte entrando durante a madrugada. Os ceos permanecerán parcialmente cubertos con choivas intermitentes máis probables durante a mañá e na franxa atlántica e, pola tarde, iranse abrindo claros polo interior do territorio. As temperaturas sufrirán un descenso, sendo moderado nas máximas, e o vento soprará moderado do suroeste, forte no litoral atlántico.

O mar con ondas polo temporal e a borrasca na costa de Galicia
O mar con ondas polo temporal e a borrasca na costa de Galicia | Fonte: Elena Fernández - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta