Por E.P. | A CORUÑA | 11/04/2024 | Actualizada ás 19:06
A Deputación da Coruña lidera cinco plans de sustentabilidade turística, que benefician a 25 municipios da provincia con oito millóns de euros e que están cofinanciados con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
Os citados plans centraron unha reunión mantida este xoves polo presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, e a secretaria de Estado de Turismo, Rosana Murillo, con presenza tamén do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, e a subdelegada do Goberno, María Rivas.
Formoso explicou que a Deputación lidera cinco plans de sustentabilidade que benefician a 25 concellos coruñeses, cun investimento de oito millóns de euros, que inciden en aspectos como o ambiental, a recuperación do patrimonio histórico, a gastronomía ou a recuperación de infraestruturas tradicionais que estaban en desuso como a Vía Verde.
A secretaria de Estado de Turismo puxo en valor este cinco plans e remarcou, ademais, que o obxectivo debe ser promover destinos turísticos "sustentables" e que sexan "competitivos". "Este cinco plans son un bo exemplo de como transformar un destino para ser máis competitivo".
Á súa vez, González Formoso resaltou que son moitos os concellos beneficiados a través destes plans, "que veñen despois de accións turísticas" promovidas pola institución provincial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.