Rueda, contra a "demonización" de empresarios católicos: "Négome a que toda proposta deba ser posta a remollo"

"Comprométome a defender á clase empresarial en xeral en Galicia", afirma Rueda. "Desde as grandes empresas, que sempre son para algúns as máis sospeitosas, ata ao autónomo que levanta todos os días a persiana", agrega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2024 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, abriu un encontro de empresarios católicos cunha alegación en contra da "demonización" da clase empresarial. "Négase o meu goberno, négome eu como presidente, a pensar que toda proposta que vén ao lado empresarial debe ser posta a remollo, baixo observación porque é sospeitosa de non ser boa porque busca o beneficio duns e, por tanto, o prexuízo doutros", sentenciou.

Así o expuxo a súa intervención en Santiago no II Encontro de Empresarios, onde estivo acompañado polo presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), Antonio Garamendi; o nuncio do papa, Bernardito Auza; o responsable da Conferencia Episcopal, Luís Argüello; e o arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto. "Comprométome a defender á clase empresarial en xeral en Galicia", afirma Rueda. "Desde as grandes empresas, que sempre son para algúns as máis sospeitosas, ata ao autónomo que levanta todos os días a persiana", agrega.

"Imos poder facer grandes cousas durante o próximos catro anos", dixo Rueda a uns 200 empresarios católicos presentes neste acto na hospedaría de San Martiño Pinario. "Vostedes fan as cousas con compromiso", asevera. Tamén valorou que as "colaboracións publico-privadas, das que todo o mundo fala, pero moi pouca xente demostra, teñen que basearse na confianza", pois a "outra parte non está a buscar o seu interese, que é lexitimo, está a buscar o interese xeral".

"NUNCA IMOS A DICIR QUE NON A DIARIO"

Así, Rueda expuxo que durante o debate de investidura desta semana no Parlamento abordáronse temas como a "axilización económica", á vez que se comprometeu a "traballar de xeito conxunto" cos empresarios. De feito, dixo alegrarse de que este fose o seu primeiro acto despois da súa investidura do pasado xoves, pois defende o papel dos "empresarios comprometidos". Por iso, celebra esta iniciativa do arcebispo.

O titular do Goberno galego puxo en valor cuestións como a "estabilidade" e o 'sentidiño' do seu executivo, que "en gran parte é grazas a vostedes". "Nunca imos dicir que non a diario e de entrada a proxectos que se nos presente. Creo realmente na boa fe da xente que arrisca o seu patrimonio, o seu diñeiro e o da súa familia por seguir prosperando", incide. "Non nos imos a negar de raíz, non imos pensar que todo mal feito e que hai polo baixo sospeita, nin pensar que na administración temos a verdade absoluta e demostrar vostedes a nós que estamos equivocados, para nada".

"Temos unha clase empresarial, desde os máis grandes aos máis humildes, haberá excepcións como na clase política, da que sentirnos orgullosos; dígoo aquí, que é un pouco máis fácil, e dígoo noutros sitios onde non gusta tanto", resalta. "Mentres vostedes teñan compromiso, vai ser todo moito máis fácil", concluíu.

Encontro de emrpresarios católicos, co presidente da Xunta, Alfonso Rueda
Encontro de emrpresarios católicos, co presidente da Xunta, Alfonso Rueda | Fonte: DAVID CABEZON @ XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta