Controlado o incendio forestal de Crecente

Quedou baixo control ao redor das 20 horas desta tarde.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2024 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural informou de que xa está controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Crecente.

Concretamente, o lume deuse por controlado ás 20.06 horas deste martes. O incendio empezou este luns ás 19,57 horas en ata tres focos simultáneos, o que apunta a intencionalidade. Segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie de case 170 hectáreas.

Polo momento, traballan na zona tres técnicos, 28 axentes, 51 brigadas, 23 motobombas, dúas pas, dous avións e catro helicópteros.

Un avión de extinción de incendios / César Arxina - Arquivo / Europa Press
Un avión de extinción de incendios / César Arxina - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta