Absolto un home acusado de abusar sexualmente da filla da súa parella

A Audiencia Provincial di que non hai probas máis aló da versión da suposta vítima, na que non aprecian a veracidade suficiente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2024 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial absolveu a un home acusado de abusar sexualmente da filla da súa muller por falta de credibilidade do relato da suposta vítima, que tamén acusaba ao procesado de inducila á prostitución, exhibirlle material pornográfica e tratar de gravala cun móbil mentres se duchaba.

Na súa sentenza, facilitada este mércores polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a sección cuarta da Audiencia pontevedresa decreta a libre absolución dos catro cargos que pesaban sobre o home.

Así, o tribunal non considera acreditado que o acusado tratase de abusar sexualmente sobre a filla menor de idade da súa parella ao non haber probas máis aló da versión da suposta vítima, na que non aprecian a veracidade suficiente para contrarrestar o principio de presunción de inocencia.

Na súa sentenza, contra a que cabe recurso de ap os maxistrados determinan que o testemuño da menor "carece de corroboración obxectiva suficiente que permita enervar a presunción de inocencia e fundamentar a condena do acusado".

Os acusados comparecen por videoconferencia na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra
Os acusados comparecen por videoconferencia na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta