Absolto un acusado de agredir sexualmente con penetración a unha muller en Santiago

Un home foi absolto de dous delitos de agresión sexual con penetración denunciados por unha muller coa que tivera unha relación sentimental ao aplicar o tribunal o principio 'in dubio pro reo'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

Un home foi absolto de dous delitos de agresión sexual con penetración denunciados por unha muller coa que tivera unha relación sentimental ao aplicar o tribunal o principio 'in dubio pro reo' ante a falta de probas físicas para incriminalo sobre uns feitos ante os que os implicados ofrecían versións contraditorias que o tribunal considera veraces en ambos os casos.

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, acordou a libre absolución dos delitos polos que foi procesado este home, que mantivera unha relación afectiva coa denunciante a finais do ano 2017. Segundo os feitos considerados probados tras a celebración do xuízo, ambos iniciaron unha relación en outubro de 2017 que terminou aos poucos meses. Un ano despois, a nova, que residía en Santiago por motivos de estudo, denunciou sufrir dúas agresións sexuais.

O tribunal dá veracidade ás versións de ambos os implicados, que chocan en contradicións que non poden ser refutadas a través de "corroboracións obxectivas de natureza física". Así, nunha sentenza contra a que cabe recurso de apelación, a sala aprecia que as declaracións de denunciante e acusado son "coincidentes sobre a maior parte do ocorrido antes e despois do feitos obxecto de acusación".

"A confrontación entre dúas declaracións contraditorias cando ambas son cribles e fiables non se ten que resolver no proceso penal atribuíndo a unha ou outra maior credibilidade ou poder de convicción", explican os maxistrados. Deste xeito, conclúen que a sentenza sobre uns feitos non debe concluír que declaración é máis crible ou fiable, xa que no proceso penintanciario rexe o principio 'in dubio pro reo', polo que decreta a libre absolución do acusado.

Audiencia Provincial de Xustiza, os seus xulgados na Coruña
Audiencia Provincial de Xustiza, os seus xulgados na Coruña | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta