Cazar un lobo en Galicia: 2.800 euros

Varias webs ofertan a posibilidade de cazar lobos, rebecos e xabaríns. Os ecoloxistas de ADEGA lembran que está prohibido comercializar o lobo como trofeo e levan o caso á Fiscalía.

Por Galicia Confidencial | O Barco | 10/10/2015 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

ADEGA, a maior asociación ecoloxista do país, asegura que vén de denunciar na Fiscalía ambiental as ofertas de trofeos de lobo aparecidas en varias webs de anuncios e caza. GC confirmou que os prezos ofertados varían entre os 1.000 e os 2.800€. Os ecoloxistas din que a oferta de trofeos de lobo está prohibida no país, polo que pode ser causa de delicto penal.

Unha femia de lobo cos seus cachorros
Unha femia de lobo cos seus cachorros

Dende ADEGA sorprende "a naturalidade e absoluta impunidade coa que se anuncian na internet a venta de trofeos de lobo en Galiza, ben por empresas identificadas coa actividade do turismo cinexético, ou simplesmente através  dun teléfono móbil nunha web de anuncios xeralista". No primeiro caso, a web Cazarribeirasacra.es, non se especifica o lugar de procedencia de ditos lobos, mais o nome da web da empresa non deixa lugar. No segundo, o trofeo é directamente ofertado en monterías na Reserva da Biosfera dos Ancares lugueses, un espazo protexido, neste caso en "Milanuncios.com".

Lobo abatido por disparos
Lobo abatido por disparos | Fonte: Axena
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Martín

hola! yo he visto un anuncio parecido en https://www.tablondeanuncios.com/ pero ponía que era una caza autorizada ¿Es posible cazar lobos de manera legal?