Investigan a morte dun home aparecido semidesnudo e con golpes nun cemiterio en Rois

Será a autopsia a que determine a causa do falecemento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2024 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga o achado do corpo sen vida dun home que apareceu semidesnudo e con varios golpes no cemiterio de Augasantas, no municipio de Rois. 

Segundo informan a Europa Press fontes do Instituto Armado, o cadáver foi atopado o domingo pola tarde. Será a autopsia a que determine a causa do falecemento, sen que polo momento a Garda Civil descarte ningunha hipótese, tampouco a dunha morte natural.

O home apareceu no cemiterio sen camiseta, despois de que na tarde do sábado se lle vise nun bar da zona.

Cinta métrica usada pola policía no lugar do cemiterio da Igrexa de Augasantas, parroquia de Rois, onde apareceu o corpo do home
Cinta métrica usada pola policía no lugar do cemiterio da Igrexa de Augasantas, parroquia de Rois, onde apareceu o corpo do home | Fonte: GC

Lugar do cemiterio da Igrexa de Augasantas, parroquia de Rois, onde apareceu o corpo do home
Lugar do cemiterio da Igrexa de Augasantas, parroquia de Rois, onde apareceu o corpo do home | Fonte: GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta