Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 07/05/2024 | Actualizada ás 10:31
Un fenómeno meteorolóxico coñecido co nome de 'rebentón húmido' impediu que as festas de Valdemoro, en Madrid, se celebrasen o pasado domingo. Estaba prevista a actuación da orquestra Panorama, que xa tiña o seu palco montado. A forza do vento e a choiva puxo en risco a integridade tanto dos seus artistas como do propio escenario, que resistiu, con poucos danos. Segundo informa a orquestra nas súas redes oficiais, xa se traballa na reparación dos desperfectos.
Este 'rebentón húmido', que tivo lugar sobre as 23.00 horas, é unha corrente de aire descendente moi forte asociada a unha precipitación brusca. Non ten unha longa duración, xa que non adoita estenderse máis aló dos 30 minutos, pero a espectacularidade das imaxes viralizouse rapidamente en redes sociais polas gravacións realizadas por algúns dos presentes na zona.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Tami, crebeira nos tempos do plástico: "Limpar praias é costume na nosa casa, pero nós chamámoslle ir aos achados"
- Estabilizado o brote de gastroenterite nun colexio de Ames, cuns 100 afectados
- E a noite fíxose día en Galicia tras o paso dunha bóla de lume
- Dous mortos e unha moza de 20 anos ferida tras o choque de dous vehículos en Ordes
- O helicóptero do 061 con base en Santiago está inoperativo tres horas diarias
- Gran brote de gastroenterite en colexios de Ames con 65 casos confirmados