Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 07/05/2024 | Actualizada ás 10:31
Un fenómeno meteorolóxico coñecido co nome de 'rebentón húmido' impediu que as festas de Valdemoro, en Madrid, se celebrasen o pasado domingo. Estaba prevista a actuación da orquestra Panorama, que xa tiña o seu palco montado. A forza do vento e a choiva puxo en risco a integridade tanto dos seus artistas como do propio escenario, que resistiu, con poucos danos. Segundo informa a orquestra nas súas redes oficiais, xa se traballa na reparación dos desperfectos.
Este 'rebentón húmido', que tivo lugar sobre as 23.00 horas, é unha corrente de aire descendente moi forte asociada a unha precipitación brusca. Non ten unha longa duración, xa que non adoita estenderse máis aló dos 30 minutos, pero a espectacularidade das imaxes viralizouse rapidamente en redes sociais polas gravacións realizadas por algúns dos presentes na zona.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Morre un home de 78 anos na praia da Lanzada no Gove
- Dimite a dirección do IES Valadares de Vigo ante a falta de recursos para atender aos alumnos con necesidades especiais
- A investigación incide en fallos "inaceptables" na comporta do 'Argos Georgia' que provocaron o naufraxio e 13 mortos
- Intervidos 1.300 quilos de cocaína nun buque portacontedores que realizaba a ruta Vigo-Málaga
- Nova pelexa multitudinaria entre clans en Culleredo revive a tensión vivida en Ribeira
- Gómez Caamaño cre que a UDC debe "frear" o trámite para implantar Medicina mentres dure a comisión de descentralización