9J.- Máis de 2,7 millóns de galegos están chamados a votar, deles uns 110.000 por primeira vez nas europeas

Segundo datos da Delegación do Goberno en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2024 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

Un total de 2.702.442 galegos e galegas están chamadas a votar nas eleccións europeas do próximo 9 de xuño, dos que 109.690 farano por primeira vez nuns comicios deste tipo ao cumprir os 18 anos desde a última cita electoral, segundo datos da Delegación do Goberno en Galicia. O seu máximo responsable, Pedro Blanco, presidiu a reunión que pon en marcha a planificación loxística do organismo central para as eleccións ao Parlamento europeo do próximo 9 de xuño.

O delegado do Goberno lembrou que a Administración Xeral do Estado ten asignadas dúas funcións específicas neste proeso electoral. Por unha banda, prestar o soporte loxístico necesario para o exercicio do voto, incluída a seguridade de todo o proceso e, por outra, transmitir os datos de participación e escrutinio o mesmo día das eleccións. Esta tarefa reflíctese, segundo a Delegación do Goberno, no orzamento que se destina en Galicia para a súa organización e que se sitúa por encima dos 4,6 millóns de euros.

CIDADÁNS DA UE EN GALICIA

Do total dos electores, 7.459 son persoas cidadás da Unión Europea residentes en Galicia e 480.221 representan a galegos e galegas que viven fóra das fronteiras españolas. Estas persoas recibirán no seu domicilio a documentación necesaria para depositar o voto, ben nos locais habilitados nos países de destino ou ben por correo certificado.

En canto á loxística, o delegado do Goberno destacou que Galicia contará con 3.992 mesas distribuídas en 2.337 locais electorais. Haberá dispoñibles case 4.000 urnas e 3.098 cabinas para elixir as papeletas. En total, imprimíronse 84 millóns de papeletas.

Estas mesas estarán atendidas por 11.766 membros de mesa, para as que se seleccionarán durante esta semana máis de 35.000 persoas entre titulares e suplentes. Un total de 2.548 representantes da Administración encargaranse de verificar a correcta apertura das mesas, resolver incidencias e recoller os datos de participación e do reconto de voto.

Ademais, tanto na Delegación do Goberno como nas subdelegacións haberá persoal habilitado para solucionar calquera incidencia que poida xurdir. Ademais, haberá 7.101 efectivos de seguridade, segundo as previsións que se manexan, entre Policía Nacional, Garda Civil e policías locais.

Arquivo - Un cidadán prepara o seu voto.. EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - Un cidadán prepara o seu voto.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Gamela

Lista Electoral Real de AHORA REPÚBLICAS (ERC ~ EH BILDU ~ BNG ~ ARA MES) 1. Diana Riba Giner (Independiente) é muller de Raül Romeva (Indultado) 2. Pernando Barrena Arza, recoñeceu ser Informador de ETA. 3. Ana Miranda 4. Tomàs Molina Bosch 5. Oihana Etxebarrieta 6. Bieito Lobeira... e no número 14 vai un tal Rogelio Santos Queiruga e os seus siareiros das redes sociais pensarán que o están votando a el...

1 Sentidiño

Gamela: "o terceiro posto nin de coña", in https://www.galiciaconfidencial.com... (30/03)

2 Gamela

Levabas razón Ana Miranda vai de número 3 pero non comprendo por que motivo a muller de Raül Romeva vai de primeira ? (Será que na candidatura de Agora Repúblicas poden cobrar os que non están na lista? Eso chámase fraude de lei e pode costarlle o escano á Sra.de Romeva... Pero os votos dos galegos van colaborar coa fraude sen siquera saber que o están facendo... UPG Disolución !

3 Gamela

Como podes comprobar Diana Riba Giner figura coma Independente non como membro de ERC, mentres Raúl Romeva preside a Fundación Irla dos Països Catalans... Os 170.000 votos dos galegos sentando en Bruxelas aos Señoritos Cataláns e Vascos ? Está ben o conto...

1 Gamela

Unha vez máis o BNG mentirá aos votantes facendo pasar a lista do BNG Agora Repúblicas por lista definitiva da coalición, cando explicarán que os votos dos galegos van parar aos candidatos de ERC e EHBildu ? Nós coma moito seguiremos sendo as becarias da Lista ! Comprobar a Candidatura número 4 https://www.juntaelectoralcentral.e...