Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2024 | Actualizada ás 14:56
A Ruta Quetzal reunirá a partir de xuño en Galicia máis de 200 mozos de diferentes puntos de España que coñecerán, nesa viaxe de estudos e aventura, varios puntos da comunidade. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este mércores na presentación na que incidiu en que a Xunta apoia este proxecto pola súa "capacidade de promover" o destino entre os máis novos.
Xosé Merelles incidiu na importancia desta iniciativa para o turismo galego ao "focalizar a acción" nun público novo, ao que lle ensinan unha parte do territorio coa intención de que "poida volver nun futuro". Esta nova edición da ruta comezará en Galicia o 30 de xuño e despois atravesará o norte de Portugal ata chegar a Lisboa. Desde alí, regresarán a España por Estremadura para percorrer a Ruta da Prata e, de novo en Galicia, continuará pola ruta xacobea e a Ribeira Sacra ata chegar a Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.