Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2024 | Actualizada ás 13:36
A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, acollerá a próxima semana o xuízo contra dúas persoas acusadas de vender a hospitais xel hidroalcohólico que mesturaban con augardente.
Segundo recolle o escrito de Fiscalía, os feitos remóntanse aos meses da pandemia cando os acusados "coñecendo a escaseza e demanda do produto puxéronse de acordo para aproveitarse desa situación". Así, elaboraron un xel hidralcohólico, sen estar autorizados, co "ánimo de ilícito beneficio e con plena conciencia de que faltaban á verdade" no contido do produto. Ademais, o xel carecía do mínimo esixible de etanol (70%) que os acusados substituían por augardente co consecuente perigo para a saúde dos usuarios do produto.
NAVE EN BOIRO
Os procesados tiñan un "laboratorio clandestino" nunha nave avícola situada en Boiro na que fabricaban, etiquetaban e almacenaban o xel xa preparado para ser distribuído. Nas actuacións policiais de investigación interviñeron un total de 6.000 litros de xel e na nave avícola había uns 400 litros do mesmo produto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.