Noites de retranca chega a Pontevedra con Cadaval e Bodegas

Pontevedra acolle unha nova edición do espectáculo Noites de retranca, que contará nesta ocasión con Quico Cadaval e Rober Bodegas como protagonistas. A representación, na que xa participaron figuras tan coñecidas como Carlos Blanco, Manuel Manquiña, Camila Bossa ou Cándido Pazó, entre outros, terá lugar no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2) ás 21.00 h este sábado.

Por GC Tendencias | Pontevedra | 23/10/2015 | Actualizada ás 22:34

Comparte esta noticia

As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, por exemplo en www.ataquilla.com

Quico Cadaval, contacontos e director teatral
Quico Cadaval, contacontos e director teatral

Considerado coma o espectáculo de humor máis visto da historia do teatro galego, Noites de retranca presenta case dúas horas de show baseado no formato de monólogo no que os actores e actrices intercambian co público as súas experiencias e as súas impresións sobre os temas que acompañan as nosas vidas cotiás.

O espectáculo, que se atopa actualmente na súa quinta edición, foi representado nos principais auditorios e teatros de Galicia así como no Teatro Liceo de Salamanca e o Teatro Casino de Xixón, entre outros, sumando máis de 40.000 espectadores nas súas cinco tempadas de cartel.

Robert Bodegas
Robert Bodegas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta