Ferida unha persoa nunha colisión entre dous vehículos en Carballo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2024 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Unha persoa tivo que ser trasladada en ambulancia tras sufrir un accidente de tráfico na localidade coruñesa de Carballo. Segundo informa o Consorcio Contra Incendios e de Salvamento da Coruña, o suceso tivo lugar pasadas as 20,00 horas deste mércores no quilómetro 3,5 da DP-1914, ao seu paso polo lugar de Ardaña, onde chocaron dous vehículos.

Un dos condutores foi trasladado nunha ambulancia do 061 e, posteriormente, os bombeiros procederon á limpeza da vía. Tamén participaron nos operativo efectivos da Garda Civil e de Protección Civil.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta