Altri, Alcoa e a "navallada" da AP-9, cando o PP volve a acusar ao BNG de manipular as protestas sociais

"Houbo xente de boa fé, e o BNG que quixo ter moito protagonismo", di Rueda sobre a protesta deste domingo. Insiste que o proxecto só se fará se cumple os procesos de avaliación técnicos pero advirte que "Galicia non pode alegremente perder postos de traballo".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/05/2024 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia

"O meu respecto total aos manifestantes que onte (domingo) se manifestaron pacíficamente, aínda que algúns partidos tiñan un gran protagonismo". O presidente da Xunta dixo tomar nota da masiva protesta que encheu as rúas de Palas de Rei --máis de 20.000 persoas--, pero criticou a manipulación que algunhas formacións, en clara alusión ao BNG, fixo da mesma. Rueda, si, parece que toma nota pero non deixa de lado un proxecto que, insistiu, pode supoñer "moitos postos de traballo"

Miles de persoas protestan durante unha manifestación contra a empresa de celulosa Altri, a 26 de maio de 2024, en Palas de Rei, Lugo,
Miles de persoas protestan durante unha manifestación contra a empresa de celulosa Altri, a 26 de maio de 2024, en Palas de Rei, Lugo, | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

"Onte a manifestación foi pacífica e merece os meus respectos. Foi unha manifestación con xente chegada doutros puntos de Galicia pero algunhas cousas que se dixeron alí non son certas e algunhas afirmacións xa foron desmentidas hoxe pola propia empresa". Rueda fixo referencia a algunhas das proclamas escoitadas na protesta pero sin querer entrar a valorar cales delas. "Pois datos falsos que se deron como a cuestión das toxinas e outras", respondeu o presidente galego tras insistir unha xornalista nestas "supostas mentiras". 

En todo caso, o líder do PPdeG volveu repetir en varias ocasións que a empresa "xa respostara" a estas "supostas mentiras". Referiase a unha entrevista que un dos seus portavoz de Altri fixo nunha entrevisa realizada este mesmo luns na CRTVG, o mesmo medio público ao que onte acusaron de manipular e non reflectir a realidade do que está acontecendo co proxecto da megacelulosa.

"INTERESE POLÍTICO"

Como aconteceu noutras protestas, tamén BNG e PSdeG estiveron na diana do presidente galego. Sobre todo, os nacionalistas, aos que acusou case que de manipular esta protesta. Así, lembrou que o Bloque sabía deste proxecto antes das eleccións galegas "e non dixo nada". "Por iso vexo un interese político evidente", afirmou.

"Esta actitude do BNG xa a vimos coa autopista AP-9, cando falaban de navallada, conAlcoa, cando fixeron ooposicion dura e radical. Pídolle sentidiño", espetou. Rueda tamén criticou a "ambiguiade do PSOE" e lembrou que é responsabilidade deste partido, e do Goberno central, que o proxecto de Altri teña fondos económicos importantes a través dos pertes industriais. "Iso non depende de nós. Seguimos como hai dous anos, agardando que --Madrid-- mova ficha. Besteiro ten que moverse. Levamos moito tempo facendo esta pregunta e non temos resposta", manifestou.

FARASE SE "CUMPLE"

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Rueda insistiu en que este proxecto farase sempre que cumpla cos informes de avaliación técnica. En todo caso, o pesidente galego quere que proxectos económicos desta magnitude non vaian a outros territorios. "Se é viable hai que facelos. Non pode ser que vaian para outras autonomías", suliñou. "Galicia non pode alegremente perder postos de traballo. Se se cumple non imos deixar pasar a oportunidade e Galicia ten tanto dereito e necesidade destes proxectos como os demais", rematou.


ORZAMENTOS

Foi nun acto promovido por La Voz de Galicia no que fixo repaso dos compromisos do seu Executivo para este novo mandato e no que volveu a incidir na existencia dun orzamento "en tempo e forma" o que contrapuxo aos orzamentos prorrogados a nivel estatal.

Isto, dixo, afecta a cuestións como o traspaso por parte do Estado de "gran parte da recadación fiscal e non recibida". Nesta materia, volveu a insistir en que "non é normal" que non estea convocada a Conferencia de Presidentes autonómicos.

"É obrigatorio", insistiu nunha intervención na que asegurou que o posicionamento de Galicia pasa por rexeitar, en referencia a Cataluña, acordos "bilaterais" ou con acordos previos que "condicionen" a negociación sobre financiamento autonómico.

SANIDADE

Todo iso nunha intervención con alusións a cuestións como a falta de profesionais no ámbito sanitario, un tema que afecta, aseverou, non só a Galicia. "Hai casos puntuais", contestou sobre tempos de espera en Atención Primaria de tres días ou máis. Esta situación vinculouna como a falta de "suficientes profesionais" polo que apelou a buscar unha solución conxunta, aínda que non se mostrou partidario de que no verán se recorra a médicos que non teñen o MIR.

En referencia a outros asuntos, apelou a abordar cuestións como o abstensimo laboral, ao considerar as cifras existentes "alarmantes" e a captar talento en países que acolleron no seu día emigrantes galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Menos BNG

Listas para apuntarse a buses abonados con cartos públicos a cargo de Concellos gobernados polo BNG. Pagados por todos os cidadans e xestinados por comisarios políticos. Todo moi organizado polo comite central todo moi UPG, lixeiro cheiro a manifestación con intereses políticos. Firmado Ana do Montón.

1 Fran Leste

Unha de dúas, ou mintes ou es un covarde. Estás acusando a gobernos locais de malversar cartos públicos? Denuncia!

2 Ferroviario

¿ intereses políticos? ¿ E logo cales son os intereses de meter unha macrocelulosa que consumiría varios miles de auga por segundo no corazón de Galicia? En moitos sitios os buses eran de pago. E curioso que algunha xente elimine do seu discurso a contaminación brutal que produci¡ría a acelulosa, e pense ( ou diga) que todos son " intereses políticos". Claro que o son, pero no sentido de defender os intereses públicos da peste da celulosa esa.