Galicia chegará este ano aos oito millóns de turistas, segundo as previsións da Xunta

Rueda alertou da "turismofobia" e rexeitou a implantación de taxas turísticas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/05/2024 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou que Galicia podería chegar este ano á cifra do oito millóns de turistas. Foi nunha intervención na que alertou da "turismofobia" e rexeitou a implantación de taxas turísticas. Así o expuxo durante o seu relatorio no foro organizado por La Voz de Galicia, no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, no que analizou a folla de ruta da Xunta para 2030.

Nela, incidiu na capacidade de Galicia para atraer a turistas e cifrou as previsións para este ano nuns oito millóns de turistas. Como "termómetro" das boas previsións a este respecto apuntou ás persoas que chegan a través do Camiño de Santiago. Mentres, rexeitou que non sexa posible a chegada de máis turistas e non se mostrou partidario de aplicar taxas turísticas, como a exposta en Santiago. "Non a pediría", dixo.

Arquivo - Dous peregrinos no Camiño de Santiago. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Dous peregrinos no Camiño de Santiago. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta