Un operario secciona os dedos dun pé nunha fábrica de xeo en Muxía

Foi mobilizado o helicóptero sanitario do 061 con base en Santiago

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2024 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

Un operario resultou ferido este xoves tras seccionarse os dedos dun pé mentres traballaba nunha fábrica de xeo na localidade coruñesa de Muxía.

Segundo a información do CIAE 112-Falicia, o suceso ocorreu sobre as 18,30 horas deste xoves, na fábrica de xeo da Confraría de Pescadores de Muxía. Foi o propio ferido o que deu a voz de alarma a Emerxencias.

Ata a zona foi mobilizado o helicóptero sanitario do 061 con base en Santiago, que trasladou ao ferido. No operativo tamén participaron voluntarios de Protección Civil e efectivos da Garda Civil.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta