Por E.P. | Santiago de Compostela | 31/05/2024 | Actualizada ás 19:26
O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, reclamou ao Goberno da Xunta que axilice o proceso de integración das Unidades Asistenciais de Drogodependencias (UAD) no Sergas e que resolva a cobertura de vacantes. Para Varela, "é indubidable que isto é unha competencia impropia que non debe ser asumida polos concellos", se non unha competencia "de ámbito sanitario", algo que a Xunta "recoñeceu coa súa cronograma para que todos os profesionais sanitarios que forman parte das UAD terminen formando parte do Sergas".
"Este cronograma terminou a principios de 2024, e todos eses profesionais seguen sen estar incorporados ao Sergas, polo que a realidade é que a Xunta non está a cumprir o seu propio cronograma", apunta a Fegamp. Este atraso, engaden, "está a xerar no trece concellos con UAD un malestar unánime", ademais de "afectar á calidade do servizo por non poder disporse de todo o persoal sanitario na atención aos usuarios".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.