Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/06/2024 | Actualizada ás 15:00
A Deputación de Ourense iniciou un laboratorio de traballo no que durante dous días participaron medio centenar de maiores para achegar as súas ideas para combater a soidade non desexada. "Unha das máximas preocupacións do goberno provincial", asegurou o presidente da Deputación, Luís Menor, nunha visita este domingo á residencia de tempo libre do Carballiño.
Baixo o lema 'TesOUros', en alusión á teleasistencia e a Ourense, o laboratorio busca dar resposta aos interrogantes que xera a soidade non desexada para que, en base ás conclusións extraídas "poder definir con maior acerto" as actuacións e iniciativas que se deben realizar para axudar a combatela.
Nestes dous días de traballo, os usuarios de telasistencia analizaron, a través de diferentes talleres, cuestións de interese sobre a soidade non desexada. A institución provincial lembrou que a OMS declarou a soidade non desexada como un problema de saúde pública debido aos efectos que ten sobre a saúde das persoas, tanto a nivel mental como físico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.