Encontran o corpo calcinado dun home nuns terreos na Estada

Membros da Policía Xudicial da Garda Civil desprazáronse ata Santa Cristina de Vexa para iniciar unha investigación sobre o acontencido e tratar de aclarar a identidade do falecido

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2024 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia



O corpo dun home calcinado foi localizado este martes polos servizos de extinción de incendios forestais da Xunta nun terreo da parroquia de Santa Cristina de Vexa, na Estrada.

O cadáver, que corresponde ao dun home de 75 anos que aínda non foi identificado, foi atopado ao redor das 14,20 horas polos efectivos anti incendios que se desprazaron a unha leira próxima á estrada PO-841 despois de recibir a alerta dun lume forestal, segundo trasladaron os servizos de emerxencia.

Os profesionais mobilizáronse ata a parroquia estradense e iniciaron as tarefas de extinción do incendio. Durante os seus traballos, topáronse co corpo calcinado dun home.

Membros da Policía Xudicial da Garda Civil desprazáronse ata Santa Cristina de Vexa para iniciar unha investigación sobre o acontencido e tratar de aclarar a identidade do falecido.

Fontes próximas á investigación trasladaron a Europa Press que nas inmediacións da zona onde foi achado o corpo atópase un vehículo que podería corresponder á vítima.

Ademais, as pescudas tamén se centran en cotejar se o terreo pertence ao home, xa que a principal liña na que traballan os investigadores nestes momentos é a hipótese de que o falecido estaba realizando unha queima de restos agrícolas cando foi alcanzado polo lume.

O incendio, que se iniciou ao redor das 14,09 horas, quedou baixo control minutos antes das 15,00 horas despois de afectar a 0,1 hectáreas.

Imaxe dun vehículo da Garda Civil.. GARDA CIVIL
Imaxe dun vehículo da Garda Civil.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta