Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2024 | Actualizada ás 16:52
O Diario Oficial de Galicia publicou este mércores a concesión á Fundación Secretariado Xitano de 1.015.000 euros ata 2027 cos que promover a saúde neste colectivo.
Así, recollen nun comunicado, a Consellería de Sanidade apoia un proxecto en cada área sanitaria encabezado por unha traballadora de etnia xitana que actuará como promotora de saúde. Explican que a promotora de saúde de cada un dos sete proxectos recibirá unha formación común e inicial en materia de promoción de hábitos de vida saudables.
A continuación, realizarase unha recollida de información sobre a situación da poboación xitana mediante unha enquisa inicial. Nunha fase posterior, desenvolveranse actividades para o fomento de estilos de vida saudables na comunidade e a diminución dos seus factores de risco. Para iso, actuarase na promoción e na educación para a saúde de acordo ao seu propio contexto e tendo en conta os resultados obtidos na enquisa de cada territorio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.