O BNG cobrará 10 euros extra aos seus militantes para afrontar a campaña do 20D

A formación nacionalista non subscribirá ningún crédito con entidade bancaria ou financeira, “nin recursos procedentes de bancos, nin de lobbies, nin de corporacións económicas”, tampouco “de partidos ou de organizacións de fóra de Galiza”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/11/2015 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O BNG decidiu facer fronte aos custes da campaña electoral de Nós Candidatura Galega para as xerais do 20D cunha cota extra de 10 euros que cobrará a cada militante desde decembro de 2015 a maio de 2016.

Presentación dos actos do 25 de Xullo por parte do BNG
Presentación dos actos do 25 de Xullo por parte do BNG

Foi unha decisión adoptada pola Executiva Nacionalista e que deu a coñecer esta semana aos seus militantes, aos que lembrou que,  para esta campaña non se subscribirá ningún crédito bancario nin cartos de “lobbies, bancos ou corporacións financieiras”. “Esta achega resulta imprescindíbel para desenvolver unha campaña digna, coa orientación e limitacións expresadas con anterioridade”, sinala o comunicado ao que tivo acceso GC.

En todo caso, a formación nacionalista anuncia que responsables locais e comarcais do BNG poranse en contacto cos militantes, durante este novembro, co fin de informar do termos exactos desta iniciativa. “A cota é voluntaria, e comprendemos a existencia de casos nos que sexa preciso eximir a compañeiras e compañeiros desta cota por razóns económicas”, sinala o escrito.

Ademais, o BNG anima a aqueles militantes que, “no caso de ser economicamente posíbel”, realizaren achegas de importe superior, pola vía da doazón. “Somos conscientes de que estamos a vivir momentos moi duros, que tamén nos afectan economicamente a nivel individual. Con todo, tamén son estes momentos nos que cómpre reaxir, e nos que se demanda determinación e compromiso militante. De certo que coa túa participación activa conquistaremos os nosos obxectivos políticos. É o que o noso pobo espera de nós”, engade.

A Executiva nacionalista suliña que, para esta campaña, non se subscribirá ningún crédito con entidade bancaria ou financeira, “nin  recursos procedentes de bancos, nin de lobbies, nin de corporacións económicas”. E aclaran, “tampouco de partidos ou de organizacións de fóra de Galiza”, en relación a formacións que participan da outra gran candidatura da esquerda galega, En Marea, na que participa Esquerda Unida e Podemos

Manifestación do BNG en Santiago de Compostela pola soberanía e contra as políticas do PP
Manifestación do BNG en Santiago de Compostela pola soberanía e contra as políticas do PP | Fonte: BNG

Ademais, o BNG destaca que non se enviará correo masivo (“mailing”) ao electorado. “Este elemento será substituído por un intenso traballo de rúa. Ademais, razóns de aforro económico público, de respecto ambiental e de limpeza democrática fundamentan a nosa aposta por esta vía”, aclara.

Por iso, insiste en que a campaña electoral estará fundamentada no traballo militante. “As limitacións económicas e as restricións en soportes publicitarios van poder ser superadas só polo activismo, a entrega e o esforzo militante, a organización e a vontade de innovación e imaxinación”, precisa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

5 Pastor

Que pasa?. Por que non deixades comentar na entrevista ao Baltarin

1 Undamariña

Borraron os comentarios a media tarde e xa non deixan comentar. Acabouse galiciaconfidencial, estan corruptos coma todos.unha pena

2 sv4R

Tes razón "undamariña".A entrevista un colegeo repugnante,e xa o de pechar os comentarios noxento.Normal que a rapaza marchase a prensa digital madrileña. Eiquí todos prostituídos mamandola aos caciques.

3 Doutor Moreno

O mais grave do Baltar jr. era o ser un Futboleiro de "merde"- xa sei, xa sei, o 90 % dos que o critican teñen idéntica adicción - (equivalente a oligofrénico pata negra) e, aínda por riba madridista (españolismo bordeline)....mais agora co do dereito de pernada vén de amosar que é parvodocú até nivies insospeitados....olla que non saber que o mais burro de Quintela de Leirado coñece aquelo de "enlaollanometaslapolla"....Dimisión por Unineuronal, xa!!.

4 Odoíno

Bem, a mulher do César nom sé tem que ser honrada senom também o tem que mostrar. Se queremos mudar este sistema de corrupçom e saqueio que nos condena aos galegos à permanente emigraçom e a Galiza ser o esterqueiro de Madrid, as forças políticas que dim estar nesta labor nom podem nem devem ser financiadas polos banqueiros. Di-me quem che da o dinheiro e direi-che a quem serves.

3 Zoa

Seguro que agora chega moito cash de Lalín.

2 El alcalvo de Compostela

Tranquilos que calquera dia destes os que escaparon coas actas pagan a sua parte da debeda bancaria e Beiras incluso se rumorea que vai pagar as viaxes que lle pagou a fundacion galiza sempre polas suas cimeiras altermundistas. Jajaja

1 cachamuiña

Fallaron os ingresos na Deputación de Lugo?