O PG e Coalición Galega destacan o “galeguismo” de Nós candidatura galega

Estas formacións agardan reeditar candidatura galega nos comicios autonómicos do vindeiro ano. Unha porta que non pechou o líder do BNG, Xabier Vence.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/11/2015 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

Nós Candidatura Galega presentou este xoves oficialmente aos integrantes desta candidatura galega ao Congreso. A pesar de que o BNG é a formación maioritaria e de que os principais candidatos da lista son militantes desta formación,  o certo é que a candidatura tamén está integrada polo Partido Galeguista (PG), Coalición Galega (CG), Federación Obreira Galega (FOGA) e Partido Comunista do Povo Galego.

Acto de Nós Candidatura Galega en Vigo
Acto de Nós Candidatura Galega en Vigo | Fonte: @noscgalega

Precisamente, as formacións moderadas Partido Galeguista (PG) e Coalición Galega (CG) destacaron a importancia se sumar forzas “galeguistas” cun proxecto propio en Madrid. Así, Xavier Grandío, de CG, saudou ao reagrupamento do “galeguismo” que se deu nestes comicios. “Foi a situación límite en que se atopa Galicia propiciou"a viraxe máis importante desta formación en toda a súa historia”, sinalou.

Por iso, amosou o seu desexo que esta “viraxe” cara ao galeguismo tamén se dea despois dos comicios do 20D. Neste sentido, Manuel Suárez, presidente do Partido Galeguista, destacou que Nós Candidatura Galega "é a única candidatura que poderá conformar un grupo parlamentario galego" no Congreso.

Neste sentido, destacou que, ao beber do galeguismo e do nacionalismo non van competir no mesmo espazo electoral que En Marea. “Por moita vontade que teñan, nunca poderán conformar un grupo parlamentario galego pola normativa legal; se se fai unha coalición con partidos que xa teñen conformado grupo parlamentario eles teñen que integrarse nel", aclarou.

Unha opinión coincidente coa do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, que descartou competencia polo mesmo espazo electoral entre En Marea e Nós Candidatura Galega. “En absoluto hai o mesmo espazo...Nós disputámoslle a todas as forzas políticas de obediencia estatal a representación de Galiza, porque cremos que Galiza necesita unha voz propia no Congreso que non se supedite aos intereses desas forzas estatais e que non vaian para engordar de forma silenciosa os grupos parlamentarios desas forzas", afirmou.

Sen embargo, e a diferencia dos seus colegas do PG e CG, Vence evitou falar de novas coalicións con estes grupos moderados galeguistas para as autonómicas. “A día de hoxe non está formulada –a coalición-- para procesos ulteriores. Non prefigura nada con respecto ao futuro despois do 20D", engadiu. En todo caso, aclarou que “desde o BNG, sen ter configurado nada para ulteriores comicios, o que temos claro é a aposta por sumar forzas, por sumar vontades para que Galicia teña unha expresión política propia".

Nesta presentación conxunta tamén participou Elvira Souto, portavoz de Iniciativa pola Unión, unha das plataformas xurdidas para constituír unha candidatura galega de unidade para as eleccións xerais. "O feito de que houbese partidos que moi lexitimamente tivesen compromisos previos internos dificultou moito a consecución do obxectivo dunha candidatura de todos os partidos progresistas de Galicia", queixouse en alusión a outra lista.

Tamén Xosé Carlos de la Fuente, representante da Federación Obreira Galega, ratificou as palabras dos seus compañeiros de coalición e sostivo que tiña que "tirar" da emoción para ser capaz de transmitir o que Nós Candidatura Galega espera da próxima cita electoral.

Non asistiu á rolda de prensa, aínda que a súa presenza estaba prevista, Xosé Collazo, do Partido Comunista do Povo Galego, outra das formacións que integran Nós Candidatura Galega. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

8 Rayleigh

Mentras uns dando voz os cidadáns e cunha mensaxe clara, con xente que pensa nos galegos...outros facendo rupturismo como só eles saben facer: http://www.eldiario.es/politica/Pab... Si señor...RUPTURISMO A TOPE!! A ver mareados...que demo ides votar?? Véxovos lanzando "Viva el Rey" nos mitines a este paso. Cada vez queda máis claro, que PODEMOS foi creado para calmar os ánimos e quitar manifas da rúa. E mentras PIT, troleando a todos. E si, si...a UPG é moi mala que ten secuestrado a PIT e lle fai dicir estas cousas e tal.

7 Anónimo

Participade na enquisa que estou a facer para saber cal vos gustaría que fose a forma admitida e correcta no galego: cabozo, calabozo ou calabouzo? Podedes participar en: https://estensiondogalego.wordpress...

6 o que din os satrapas de waldo

a mareya e un submarino de podreiros de expaña... xa saben o Waldo, Waldo dixo cos galegos tiñamos que ser solidarios (si bwana) Waldo dixo que tiñamos que dar a enerxia eléctrica mais barata (si bwana) Waldo dixo que non se pode subir mais o prezo do peixe na lonxa (si bwana) Waldo dixo cos galegos estábamos vivindo no privilexio (si bwana), Waldo dixo que andalucia ten mais paro que galiza e que si queremos emigrar e pola liberdade de movimiento en europa (si bwana) Waldo dixo...

5 Partido comunista chino

Falta o Obama galego!

4 Delft

Que se xunten dunha santa vez os galeguistas de centro e centro-dereita para debilitar ó PP por favor. É o que este País precisa.

1 Comunista

Xa se xuntaron. Chámanse Nós-Ca-Ga. E teñen os mesmos asesores de publicidade enxebristas e identitarios que Gadis.