Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2024 | Actualizada ás 17:31
O helicóptero de rescate Pesca II, de Gardacostas, recuperou ao mediodía deste sábado o cadáver dun home que caeu ao mar nos cantís de Loiba, no municipio coruñés de Ortigueira. Un particular alertou ao 112 pasadas as 14:00 horas de que unha persoa caera ao mar desde os cantís. Nese momento púxose en marcha un operativo formado polos Bombeiros das Pontes, o GES de Ortigueira, a Garda Civil e Protección Civil.
Segundo testemuñas presenciais, parece ser que o falecido era de León. Estaba a se sacar un selfie xunto ao cantil, preto do coñecido banco da zona, cando perdeu a estabilidade debido ao vento e caeu. Varias persoas que estaban alí para gozar da paisaxe quedaron conmocionadas polo tráxico acontecemento, e o banco foi acordoado. No mar, actuaron unha salvamar de Salvamento Marítimo e o helicóptero Pesca II, que finalmente recuperou o cadáver do home, que quedara mergullado.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Feridos un adulto e un menor tras chocar cunha moto de auga contra o porto de Samieira
- Catro feridos nun accidente con tres coches implicados na AP-9F, ao seu paso por Bergondo
- Feirantes denuncian trato "inxusto e arbitrario" por parte do Concello do Porriño, que asegura que só "cumpre a lei"
- Antes de que remate o ano verá a luz unha guía sobre o uso de drons en portos
- O Concello de Santiago aproba o alleamento de catro parcelas destinadas a vivenda protexida
- O Álvaro Cunqueiro fai historia: utiliza por primeira vez a nivel mundial unha nova técnica para repor unha prótese aórtica