Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2024 | Actualizada ás 17:11
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asinou este luns con representantes dos sindicatos CIG, CC.OO., CSIF e UXT o acordo polo que se melloran as condicións de traballo do persoal funcionario do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). Destas melloras, tal e como destacou a Xunta nunha nota de prensa, benefícianse profesionais que ocupan os máis de 1.400 postos de 12 meses do SPIF.
Así, tras o visto bo do Consello da Xunta o pasado día 15, o acordo asinado contempla un cuadrante con quendas de traballo rotatorias entre as 0 e as 24 horas, cunha xornada diaria de 10 horas, salvo en caso de incendios de situación operativa 2 (os de maior gravidade), e un descanso mínimo de 12 horas entre elas.
Ademais, os traballadores recibirán gratificaciones por cada hora prolongada en materia de servizos extraordinarios cando estes sexan necesarios e unha compensación económica por cada dous domingos ou festivos traballados que se incrementarán no ano 2025.
O acordo asinado polo catro organizacións sindicais, cuxas condicións xa levan aplicando desde comezos de maio, súmase á ampliación temporal dos contratos do persoal laboral do SPIF que levou a cabo a Xunta e mediante a cal os traballadores que teñen contrato de seis meses pasarán a completar o nove de forma progresiva no 2026.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.