En Marea e Ciudadanos entrarían por Galicia, Nós quedaría fóra

A estimación do reparto de escanos que fai o CIS para Galicia depara grandes sorpresas. Importante irrupción das mareas, entra Ciudadanos e saída das Cortes dos representantes do BNG, fronte integrado na coalición Nós Candidatura Galega. Feijóo di que o PP gaña por "maioría absoluta".

Por Galicia Confidencial | Madrid | 03/12/2015 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O Partido Popular gañaría as eleccións con 14 deputados (3 na Coruña, 3 en Pontevedra, 2 en Lugo e 2 en A Coruña). 

Presentación dos candidatos de En Marea
Presentación dos candidatos de En Marea | Fonte: @amesnovo

O PSOE ou En Marea estarían en segundo lugar. Os socialistas sacarían 5 ou 6 escanos (2 na Coruña, 1 ou 2 en Pontevedra, 1 en Lugo e 1 en Ourense).

Tamén 5 ou 6 para En Marea, que suma a ANOVA, EU, Podemos e varias mareas municipais. Esta forza irrumpe con 2 na Coruña, 1 en Pontevedra, 1 en Lugo, 1 en Ourense e disputa ao PSOE o segundo en Pontevedra. 

Outra sorpresa é a irrupción de Ciudadanos. O CIS dálle un escano pola Coruña e outro por Pontevedra.

Nas notas introdutorias do barómetro, o CIS di no estudio que o traballo de campo non se fixo a tempo para ter en conta a Nós-Candidatura Galega.Con todo, o instituto público preguntou polo seu "compoñente maioritario", o BNG. O Bloque suma o 0,1% en intención de voto estatal, quedándose fóra das Cortes, onde agora ten dous representantes. 

Resultados da enquisa do CIS para as eleccións do 20D.
Resultados da enquisa do CIS para as eleccións do 20D.

A nivel estatal, Mariano Rajoy gañaría as eleccións e obtería entre 120-128 escanos. O PP lonxe da maioría absoluta, estaría capacitado para gobernar en solitario con apoios.

Como segunda forza mantense o PSOE, que caería por baixo dos 90 escanos. Ciudadanos lograría entre 63 e 66 deputados mentres que Podemos, xunto ás coalicións nas que participa nas comunidades autónomas, alcanzaría entre 45 e 57 escanos.

O CIS é historicamente a máis acertada das enquisas preleecotorais.

Reaccións

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse este xoves aos datos do CIS e suliñou que, a pesar da gran baixada que experimenta o seu partido, o PP é o “gran gañador” das eleccións xerais en Galicia. “Imos repetir unha nova vitoria electoral”, indicou.

Así, dixo que os datos do CIS apuntan a que o PSOE “tamén baixa” e que o BNG “desaparece”. “E de todo iso se benefician as mareas e Ciudadanos que conseguirían escano”, apuntou. Con todo, Feijóo quixo quedar co dato positivo de que o seu partido terá a “maioría dos votos” para contribuír a unha vitoria electoral do PP no Estado.

“Seguimos como forza maioritaria e segundo o CIS gañamos as eleccións. Por iso hai que estar motivado para acadar a maioría absoluta”, indicou.

Ana Pastor, ministra de Fomento e número 1 pola Coruña
Ana Pastor, ministra de Fomento e número 1 pola Coruña
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

25 maloserá

Bueno, entón ...¿para que facer eleccións se o CIS xa nos dixo o resultado?

24 Doutor Ghu

uunoo más unooo son sieeeteeee ¿que cho ia dicir? XD. Efectivamente 3+3+2+2 son 10 non 14. GC! A calculadora!

23 m8zt

Entón ABANCA, Grupo Tojeiro e San José van quedar sen representación no Congreso? E logo que vai defender ás empresas galegas??

22 balbino

E máis e máis críticas sin fundamento contra o único partido que por agora defendeu os nosos intereses, ben polos contrarios a unidade galega, Rivera e o seu partido antigalego estará moi agradecido.

21 Aristanco

Eu votarei NÓS-CANDIDATURA GALEGA. O demáis tráeme sin cuidado. Por mín como si votades a extraterrestres. Sei que dialécticamente sodes moi superiores a mín. Sei que moitos de vós podiades trabalhar na NASA facendo a conta atrás no lanzamento de naves espaciais. Pero bueno. Eu, coa humildade que non me caracteriza, votarei a NÓS-CANDIDATURA GALEGA.

1 eusi

Non se nota esa humildade no ton do teu comentario: comeza por curar a miopia e abrir a mente...