Feijóo dille ao alcalde de Ferrol que comece por Sestayo se quere rematar cos políticos profesionais

O presidente da Xunta lembra que o ex rexedor e agora conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, “gañou contundentemente” as eleccións nesa cidade.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 04/12/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

As declaracións que o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, fixo na entrevista que tivo con Galicia Confidencial semella que están dando moito que falar. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advertiulle este xoves que "se o que quere é acabar cos políticos profesionais ten bastante traballo na súa Corporación", en alusión a tenente de alcalde, a socialista Beatriz Sestayo.

José Manuel Rey Varela, conslleiro de Política Social
José Manuel Rey Varela, conslleiro de Política Social | Fonte: PPdeG

Referíase o líder do PP as afirmacións realizadas por Suárez sobre os “políticos profesionais”. “O importante é a experiencia política pero o político profesional é unha especie a desterrar. Xa sabemos o que é en Ferrol ter un alcalde que non ten máis profesión que a política”, dicía o rexedor en alusión a ao ex rexedor e conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela.

Unhas declaracións que non lle gustaron a Feijóo que utilizou a sua tenente de alcalde para devolverlle a crítica. “Hai políticas profesionais que levan moito tempo presentándose e perdendo sempre as eleccións”, suliñou en alusión a Sestayo.

O presidente da Xunta resaltou, pola contra, o traballo realizado por Rey Varela e lembrou que gañou os comicios "as veces que se presentou" e fíxoo "contundentemente", aínda que na última cita coas urnas perdeu o goberno ao non lograr a maioría absoluta. "E fíxoo con moitos máis votos que o alcalde, a tenente de alcalde e outras concelleiras que conforman o goberno. Se o que quere é acabar cos políticos profesionais ten bastante traballo na súa Corporación", ironizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 cachamuinha

Para políticos profesionais Rey Varela e Lobeira. Rey Varela entrou no concello de Ferrol con 23 anos e agora ten 39, leva 16 anos, toda a súa vida, vivindo da política. https://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C... De Lobeira xa sabedes o que hai

1 Trocomotxo

É un comentario que non fixen eu cando saiu a noticia e evidentemente Feijoo que de ton...to non ten un pelo..., pois aproveitou.