Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 03/08/2024 | Actualizada ás 19:38
Un home tivo que ser trasladado polos servizos sanitarios despois de sufrir unha caída desde un tellado na parroquia de Castenda da Torre, no municipio coruñés de Tordoia. Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon pouco despois das 17.30 horas no lugar de Vilar. Foron os servizos sanitarios quen deu aviso ao 112 de que unha persoa caera mentres arranxaba as uralitas do tellado da vivenda.
Con esta información, os operadores do 112 Galicia mobilizaron á Garda Civil da Coruña. Mentres, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. A continuación, o ferido foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.