Traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar maniféstanse para esixir a "actualización" dos seus salarios

A empresa alegou que "non actualizaba" os salarios porque o contrato inicial "non contempla revisión algunha".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/08/2024 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

As traballadoras do Servizo de Axuda non Fogar (SAF) do concello de Camariñas saíron á rúa para pedir que se "actualicen os seus salarios". A mobilización deste mércores, que arrincou ás 12:00 horas e percorreu as rúas desde o porto ata o Concello, é a primeira do calendario de mobilizacións.

Concentración de traballadoras do SAF en Santiago.. CIG
Concentración de traballadoras do SAF en Santiago.. CIG

Segundo explicou o sindicato UXT, os salarios destas traballadoras "seguen sen ser actualizados" conforme ao que establece o seu convenio colectivo, un feito que sucede desde febreiro de 2023. Desde ese momento, tiveron varias reunións, tanto cos responsables municipais como coa empresa adxudicataria do servizo, para "tentar solucionar a situación".

A empresa alegou que "non actualizaba" os salarios porque o contrato inicial "non contempla revisión algunha", polo que o sindicato instou o Concello a sacar unha nova licitación cun prezo actualizado e que contemple as subidas salariais do convenio.

Este tema foi levado ao pleno, polo goberno municipal, do 31 de xullo cunha moción para rescindir o contrato e presentar un novo prego de contratación para o SAF. Con todo, o goberno municipal decidiu retirar a proposta "ao non haber consenso", puntualizou o sindicato nun comunicado.

Neste contexto, as traballadoras anunciaron un calendario de mobilizacións e pediron aos veciños o seu apoio. Ademais, se non solucionan o conflito, "non descartan" a convocatoria de folga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta