Cachetada contra o réxime

Non coñezo o motivo individual da acción de violencia cometida polo mozo de Pontevedra A.V.F. de 17 anos contra o presidente Mariano Rajoy.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 17/12/2015

Comparte esta noticia
Tamén descoñezo si ten un motivo político predeterminado, si foi unha reacción de arrebato emocional ou parte dalgún desequilibrio sicolóxico. O certo é que vivimos nunha sociedade capitalista, que exerce a violencia estructural e superestructural como modelo e matriz social. A violencia como tal ten varias orixes e varias interpretacións. É un tema que foi abordado durante a historia por moitos pensadores.
 
Un deles Carlos Marx dinos no Capital “na historia real [a diferenza do relato idílico da economía política] desempeñan un gran papel a conquista, a esclavización, o roubo e o asasinato; a violencia…”
 
Nese proceso, o capitalismo requiriu dunha serie de precondiciones económicas, sociais, históricas e culturais, que estiveron íntimamente vinculadas á violencia: a colonización; a venda de escravos; as guerras entre os señores feudales; o refugallo violento dos medios de produción de grandes conxuntos de homes que foron lanzados ao mercado de traballo como individuos libres e, inclusive, as medidas coercitivas que se tomaron nas cidades mentres nestas non existisen as posibilidades de asimilar dita forza de traballo. Todos estes “refugallos” brutais, horrores, vexacións que leva aparexados a expropiación violenta do pobo desde o último terzo do século XV ata finais do século XVIII.
 
Marx parte do recoñecemento dun feito: a formación do capitalismo só foi posible mediante unha serie interminable de actos violentos.
 
No mesmo sentido, Federico Engels, no seu Anti-Dühring (libro no que dedica tres capítulos á violencia), considera que: “Son sempre e en todas partes as condicións económicas e os recursos de poder de que se dispón os que axudan á violencia a triunfar e sen os cales esta deixa de ser violencia”.   Para Marx e Engels, en primeiro lugar, a violencia non pode ser illada como causa pura senón que se presenta como unha consecuencia das condicións económicas. En segundo lugar, a violencia ten a función de desencadear o conflito. Neste sentido, Marx di, no Capital, que: “A violencia é a comadrona de toda sociedade vella que leva nas súas entrañas outra nova. É, por si mesma, unha potencia económica”.
 
 
Para Marx e Engels, a violencia está íntimamente relacionada co Estado.
Así o expresan Marx e Engels, no Manifesto do Partido Comunista: “o poder político, falando propiamente, é a violencia organizada dunha clase para a opresión de outra”. 
 
Marx e Engels querían establecer unha sociedade sen opresión e sen violencia política. Cifraron a súa esperanza na sustitución do Estado capitalista por un novo Estado e declararon que a partir da reorganización da sociedade, iniciaríase, como mencionamos, a extinción gradual do Estado e, xa que logo, tamén da violencia política.
 
Aínda que os marxista rexeitamos as accións individualistas de loita contra o sistema capitalista, é necesario sinalar que nos últimos anos, o modelo económico neoliberal imposto polo actual goberno de Mariano Rajoy, exerceu as políticas máis violentas económicas e políticas das últimas décadas, Millóns de desempregados, centos de miles de mozos que emigran, familias que perden a súa vivenda, mozos que non poden estudar carreiras universitarias, pobreza alimentaria e enerxética, multiplicación dos suicidios por motivos económicos, aumento das enfermidades sicolóxicas, rupturas matrimoniales derivadas da crise, recortes dos dereitos laborais e políticos. Redución dos orzamentos para unha educación e unha saúde de calidade. A esta situación hai que agregarlle a corrupción xeneralizada, entre destacados dirixentes do Partido Popular e no propio goberno que presidie Mariano Rajoy.
 
Todas estas condicións seguramente influencien neste arrebato descontrolado, deste mozo que sen querelo concientemente, foi unha expresión emerxente do sentimento colectivo da maioría da sociedade, que está cansada desta violencia imposta desde arriba, para seguir violentando os dereitos das maiorías sociais, de todos os cidadáns afectados pola crise.
 
Esta actitude máis próxima ao anarquismo individualista, seguramente sexa un síntoma da grave crise política, económica, social e de representación, que sofre a nosa sociedade. Agora o que se trata é que a cachetada sexa  electoral do conxunto dos pobos do Estado español e nas urnas. Para terminar coa violencia imposta debemos de avanzar nunha nova sociedade, baseada na solidariedade, a xustiza social e o “bo vivir”, que algúns chamamos o socialismo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.