Así son a Galiza de Nós e a Galicia de En Marea

Analizamos e comparamos as claves das propostas electorais das dúas plataformas políticas galegas de cara ó 20D.

Por Alberto Quian | Manchester | 18/12/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Nós Candidatura Galega e En Marea son o froito do fracaso das negociacións para artellar unha gran candidatura galeguista e de esquerdas para as eleccións xerais do 20 de decembro. Pero xa non hai tempo para máis reproches e críticas. Para construír hai que propoñer. Por iso, GC analiza as claves das propostas electorais das dúas plataformas políticas que queren concentrar o voto progresista en Galicia. Para iso, fixemos unha análise do contido dos programas electorais de ambas as dúas forzas.

Xavier Vence e Xosé Manuel Beiras. / CC BY-SA Praza Pública/Óscar Corral.
Xavier Vence e Xosé Manuel Beiras. / CC BY-SA Praza Pública/Óscar Corral.

O que mostramos a continuación son os resultados obtidos tras someter ao escrutinio da lingüística computacional as principais propostas que recollen Nós e En Marea nas súas páxinas web, e que resumen os seus programas electorais. O obxectivo: mostrar dunha soa ollada cales son as claves dos seus proxectos políticos. Só son datos, nada máis. A interpretación e valoración política destes xa é cousa dos electores. 

Na seguinte táboa comparamos os datos principais obtidos da análise dos textos de Nós e de En Marea:

Variables

 

Nós Candidatura Galega

 

 

En Marea

 

Palabras

2.785

1.408

Variedade léxica

57,02%

57,81%

Sentimento do texto

Positivo

Positivo

Grao de sentimento positivo

28,12%

53,9%

Frases positivas

65

52

Frases neutrais

38

5

Frases negativas

28

14

Palabra clave

Galiza

Galicia

Substantivo común máis usado

Política

Dereito

Adxectivo más usado

Galego

Novo

Entidade máis relevante

Galiza

Galicia

Multipalabra máis relevante

Últimos anos

Servizos públicos

Nas seguintes nubes de palabras amosamos os conceptos claves dos discursos de Nós e de En Marea. A relevancia de cada palabra ou conxunto de palabras indícase polo seu tamaño.

Palabras clave

A continuación amosamos cales son as palabras clave das propostas das dúas plataformas políticas. Con elas podemos facer unha composición visual do discurso básico destas forzas.

Nós Candidatura Galega

En Marea

Palabras máis frecuentes

Nas seguintes nubes de palabras amosamos cales son as palabras máis repetidas nas propostas das dúas plataformas políticas. Isto axúdanos a ver que conceptos son sobre os que máis inciden e a variedade léxica.

Nós Candidatura Galega

En Marea

Multipalabras máis relevantes

As nubes que amosamos a continuación mostran as multipalabras máis importantes nos discursos destas forzas políticas. Así podemos extraer dos discursos destas forzas os termos e temas máis importantes que necesitan máis dunha palabra para expresarse.

Nós Candidatura Galega

En Marea

Entidades máis importantes

Por último, mostramos cales son as entidades máis importantes para as dúas plataformas, é dicir, as persoas, lugares, organismos, datas, cantidades, etc. máis relevantes nas propostas de Nós e de en Marea.

Nós Candidatura Galega

En Marea

Todos estes datos foron extraídos con Linguakit, un paquete de ferramentas lingüísticas e de extracción textual desenvolvido por Cilenis, spin-off da Universidade de Santiago de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

11 Xerfa

Son unha persoa nacionalista e de esquerdas e como tal considero que as únicas opcións posibles do meu voto son En Marea e Nós. A decisión non foi sinxela. O sentimento de decepción que provocou a rotura do Nacionalismo loita contra toda a Ilusión de cambio e de xiro estatal cara a esquerda. Finalmente tras varias semanas de reflexión decantántome por En Marea. Ben é certo que os culpo de terense vendido aos partidos españois, pero atendendo á situación histórica na que estamos é necesaria a unión. É preciso ceder e conseguir un gran goberno de esquerdas que loite pola xustiza social, porque só nel as nosas necesidades como galegos serán escoitadas (Ao igual que fixo Castelao en 1936 para lograr a aprobación do Estatuto) Manterse inmovilistas e aillados é errar, precísase consenso. Só desexo que para ás autonómicas o nacionalismo se reúna Saúdos e moita ilusión hoxe nas urnas!

1 Abel

Tes toda a razón, saúdos

10 Gamela

Velaí un anaco de futuro : 1 En Marea / 2 PP / 3 PSOE / 4 C's / e logo tódolos demáis! https://youtu.be/JCe0CEpSc6Y

9 Ana

O 20D votamos entre seguir a politica de austeridade da UE ou ter soberania para decirlle a Merkel que primeiro esta a creacion de emprego e o benestar da cidadania. Eu teño moi claro que so hai duas opcions en Galicia: En Marea e NÓS. No resto do estado as opcions para non seguir coas mesmas politicas son Podemos e IU. Por certo, hai nerviosismo no bipartidismo ante a posibilidade de que Podemos sexa segunda forza por diante do PSOE e Ciudadanos. Temos que falar con toda a xente que coñezamos para que o 20D vaia votar para que gañe a maioria social e non os intereses dos que queren cobrar a debeda publica.

8 vexo a tele...logo existo

O vello Beiras perdeu o norte pola peseta...(perdon) perdeu o norte pola meseta. De verdade pasou o psicotecnico? A ver se remata este circo de mani para os micos dunha put. vez! ate os mismisimos...me tedes!

7 Pitoño

Así, a primeira vista destaco: Galiza vs Galicia Constitución Estado productores.... dereito social público política ser galego vs dereito ser deber novo... pobo galego últimos anos Política real sevicios públicos vs servicios públicos pequena empresa mellores condicións dereito básico.... Iso é o que mais destaca, (por tamano e cor medio pechando os ollos)...