A Xunta continuará a limpeza nas estradas autonómicas das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra

Na provincia de Ourense seguirán as tarefas de acondicionamento nas zonas verdes.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/09/2024 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

A Xunta continuará a próxima semana os traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias da Coruña, de Lugo e de Pontevedra. Na provincia de Ourense seguirán as tarefas de acondicionamento nas zonas verdes en senllas peonís e glorietas das estradas OU-536 e OU-537, no Pereiro de Aguiar e en San Cibrao.

Segundo informou o Executivo galego, as actuacións consisten no rozamento de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, na reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas ou no acondicionamento de zonas verdes en senllas peonís e glorietas. No caso da actuación de roza e limpeza, na provincia da Coruña proseguirán os traballos en execución na autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), ao seu paso polos concellos de Narón e San Sadurniño.

Tamén se continuarán os traballos de roza e limpeza no tramo da vía de altas prestación CG-2.1, desde Monforte de Lemos ao Alto de Faro, na provincia de Lugo. Ademais, proseguirán as tarefas na LU-615, no Saviñao; e na vía de altas prestacións CG-2.3, no seu percorrido polos municipios de Viveiro e Xove. En canto á provincia de Pontevedra, proseguirán as intervencións na comarca do Morrazo, na autovía AG-4.6, e na vía de altas prestacións, CG-4.1, nos municipios de Moaña e Cangas.

Roza de marxes de estradas, limpeza de biomasa
Roza de marxes de estradas, limpeza de biomasa | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta