A portavoz do BNG, Ana Pontón, reduciu a "máis propaganda" o anuncio realizado polo presidente galego, Alfonso Rueda, relativo a un bono deportivo de 120 euros para escolares federados de entre 6 e 16 anos. O viceportavoz do Grupo Socialista, Julio Torrado, coincide e ve no anuncio "o inicio da campaña electoral" do líder do PPdeG nun curso no que se celebrarán os comicios autonómicos.
  comenta   0
Será o primeiro debate de política xeral de Alfonso Rueda á fronte do Goberno autonómico no último curso político antes das autonómicas, horizonte electoral que non pasa desapercibido para os partidos.
  comenta   0
Para Alfonso Rueda, as declaracións do lehendakari, Iñigo Urkullu, "non pode, loxicamente, condicionar ningunha decisión que afecte a algo tan importante como é a data electoral en Galicia".
  comenta   0
Foron para realizar distintas actuacións encamiñadas a mellorar os procesos produtivos da compañía a través da innovación, explica o departamento autonómico.
  comenta   0
Tanto o presidente da Xunta e do PPdeG, Alfonso Rueda, como a líder nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, fixeron este domingo un chamamento á participación nas eleccións e coincidiron en que Galicia se está a xogar o seu futuro.
  comenta   0
Dende o 2011 veñen coincidindo, no mesmo ano, a celebración das eleccións locais -e aos Parlamentos dalgunhas Comunidades Autónomas- e dos comicios xerais. Esta circunstancia -alterada parcialmente no 2019, cando a cita coas urnas ás Cortes do Estado foi anterior á convocatoria municipal aínda que a posterior repetición no outono dese ano ratificou a tradicional precedencia- ten provocado unha tendencia á conversión das eleccións locais e autonómicas nunhas primarias das xerais.
  comenta   0
Pontón di que as peaxes "non deberían subir" nin na AP-9 nin na AP-53, porque "é apertar a unha economía que xa o está pasando mal".
  comenta   0
A candidatura 'Rexurdir Podemos' acusouno de estar máis preto do proxecto político da ministra Yolanda Díaz que da dirección do seu partido a nivel estatal
  comenta   1
Critica que se confunda "lealdade" con "submisión". Macarena Olona, ex dirixente ultra e que anunciou unha nova formación, apoia a súa decisión en redes sociais.
  comenta   0
A secretaria xeral dixo que este plan outorgará máis estabilidade e sustentabilidade ás políticas autonómicas de igualdade, ao contar cun horizonte temporal máis amplo que o anterior
  comenta   0
"Están nerviosos porque nas pasadas eleccións se moveu o taboleiro, empezou o cambio galego de man do BNG e non van poder paralo", declarou a portavoz nacional do BNG en referencia ao PP.
  comenta   11
Fronte ás voces na asemblea que pediron, "conseguir unha república galega" e "descolgarse de España", Rubén Cela asegurou que non hai "camuflaxe" nos textos e proclamou que "o BNG non é independentista".
  comenta   4
O nidio trunfo do PP de Díaz Ayuso e Vox nas autonómicas madrileñas de maio xeraron de vez unha onda pro maioría dual das dúas dereittas nas enquisas para as vindeiras estatais, de xeito que case todas anuncian que Cs morre e PP e Vox obteñen unha maioría absoluta curta.
  comenta   0
Apela á "sensatez" e pide que "esta pretensión sexa rexeitada por todas as forzas políticas tanto autonómicas como centrais".
  comenta   0
A Asociación Galega de Familias Numerosas lamenta que o Goberno rexeitase aplicar rebaixas na AP-9 para este colectivo.
  comenta   0
Os socialistas acusan á Xunta de “menosprezar aos pontevedreses cunhas estradas autonómicas de vergoña, das peor conservadas de Galicia” e de "discriminación".
  comenta   0