GC Aberto

Coalición Galega, pola plena potestade tributaria para Galicia

Cando foi das últimas eleccións autonómicas os políticos de Madrid desembarcaban aquí é predicábannos que “Galicia debe pensar en España”.

Por admin | Ourense | 18/04/2025

Comparte esta noticia

Xosé María Artiaga, Presidente de Coalición Galega

Integrantes de Coalición Galega na protesta en contra da megacelulosa de Altri en Palas de Rei
Integrantes de Coalición Galega na protesta en contra da megacelulosa de Altri en Palas de Rei | Fonte: remitida

Parecía que tapar as vías de auga do barco “España” dependía do que votáramos aquí o 18 de Febreiro do 2024, e polo tanto, debíamos moderar xa non o noso nacionalismo, que ben moderado é, senón mesmo o noso autonomismo. Na Galicia, a grande maioría dos nacionalistas aspiran só a un grado substancialde autogoberno; os independentistas son moi escasos. Así que se o barco afúndese, Coalición Galega cree que, para ben ou para mal, non é polo que pase aquí. Feijóo, e agora Rueda, teiman en reducir Galicia a unha especie de macro-deputación. Rexeitan pedir a plenitude das competencias previstas na Constitución e no Estatuto. Póñense nun grado de autonomismo infra-constitucional. Rueda, que parecía máis razoable, auto-constituíse en defensor da unidade de España e da Constitución, combinando iso cun grado de ninguneo da súa propia comunidade autónoma que en Andalucía, por exemplo, non se faría.

Esa encirrada defensa da España unitaria vólvese ridícula cando España (ou o estado, ou polo menos o goberno) non se quererealmente defender. Non se defende fronte a Bruxelas (a UE non acaba formalmente con ela pero disólvea) nin fronte á OTAN. E agora podería delegar a Cataluña a competencia sobre inmigración, materia que pola súa propia natureza está perto do cerne do estado moderno (aínda que non se cederá unha competencia plena nin irrevogable senón delegada e limitada). O mesmo estado que podería conceder iso a Cataluña, négalle a Galicia competencias inocentes. Neste panorama no que o ben común de España non existe, o estado cede segundo as presións. Cada pouco ábreselle unha fenda ao barco, e cada quen tira para o seu, comezando por Madrid. Por iso, para Coalición Galega a frenética defensa pola Xunta da unidade de España e a Constitución, nunha especie de cruzada que nin servirá para nada nin ninguén lle agradecerá —o poder nunca agradece—, pode bordear o ridículo.

Coalición Galega cree que Galicia precisa un grado substancial de autogoberno. De certo, aquí tamén hai que poñer orde e sentidiño na inmigración, pero é que aínda nin temos unha verdadeira policía autonómica. En todo caso, para ir cara ese autogoberno serio, cómprenos canto antes unha importante competencia, importante pero moito menos problemática que a inmigración para Cataluña: potestade tributaria orixinaria, plena e exclusiva sobre todos os todos os impostos, trabucos e contribucións percibidos na Galicia e sobre todos os feitos impoñibles que se xeren no noso País. A estas alturas da película constitucional de 1978 a lección que se tira é clara: Galicia, mira por ti mesma, que ninguén o vai facer por ti, e esquece esa ridícula postura de salvapatrias espontáneo, que as vías de auga no barco “España” nunca as amañarás ti por submisa que te amoses; como España non salvará a UE por bueniña que sexa. Dispoñer cada un dos seus propios cartos é outro mundo; pregúntenlle a navarros e vascos. Mesmo se os ingresos totais foran menos que o ingreso actual, que tampouco é o caso, paga moito a pena. Pero de pormenorizar isto ocuparémonos outro día.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta