Somos Sindicalistas preséntase en Galicia

Un sindicato crítico coas subvencóns, que xa está funcionando a nivel de Estado e que a prensa identificou en numerosas ocasións como o "Sindicato de Podemos" organiza o seu primeiro acto público o dia 30 en Vigo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 23/12/2015 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

Podemos negou en reiteradas ocasións ser o promotor da iniciativa, aínda que houbo persoas dos seus círculos entre as que participaron nos primeiros pasos do colectivo a finais de 2014. En todo caso, Somos Sindicalistas comparte co partido de Pablo Iglesias un discurso renovador e crítico coa profesionalización da actividade pública.  

Manifestación de Somos Sindicalistas en Andalucía
Manifestación de Somos Sindicalistas en Andalucía

Dende Somos Sindicalistas Galicia destacan como unha das súas bases "a non aceptación de subvencións privadas ou públicas e a non aceptación de membros liberados sindicais nas empresas".  

As subvencións das administracións -as directas en función da súa representación e sobre todo as indirectas a cargo dos fondos de formación-  son unha das principais fontes de financiamento de todas as principais centrais. Somos Sindicalistas rexeita este modelo e aposta por "financiarase a través das achegas dos sindicados ou as distintas actividades sindicais formativas".

Na súa opinión, os dirixentes de CCOO, UGT, CSIF representanse a si mesmos e non a clase traballadora, debido a que profesionalización da actividade sindical "alonxou a acción sindical dos traballadores que xa non se senten representados por ela,  non son os seus representantes elixidos os que loitan, porque xa non traballan alí senón para o sindicato". Con este discurso crítico o novo sindicato xa gañou algunha elección, como as do Ministerio de Economía.

O do día 30 será o primeiro acto público oficial, pero o colectivo leva meses a traballar no país. "Durante os meses previos e as primeiras semanas de constitución se levou a cabo unha intensa labor asemblearia de organización para poñer en marcha os servizos xurídicos necesarios, e as distintas seccións sindicais que van ser integradas na nosa organización sindical", explica a central nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Antolín o dos cubatas

E aínda non dimitiu a Executiva de mantidos da CIG, por manipulación da afiliación e polo fracaso colleitado

1 Comunista

Non hai fundacións suficientes para colocar a todos. Que van facer? Buscar un traballo? A boas horas.

3 Biorto

Son da CUT, sindicato nacionalista que sempre recomendou votar nacionalismo de esquerda pero sen dicir sigla ningunha. A CIG debería explicar aos militantes da FPG que seguen dentro as razóns polas que os descualificou publicamente ao esixir o voto para o BNG.

1 Xan do Couto

Penso que é a FPG, Anova e os outros partidos que están dentro da CIG, quen esixan o cese inmediato de Suso Seixo e demais vividores, pero non vexo que estén a facer nada de xeito orgánico, so rosmar nos foros

2 Inés

Una das responsables de PODEMOS na Coruña foi liberada do CSIF. Seguro que agora que a chimparon fóra, crea na Coruña " Somos Sindicalistas"

1 Lumpen sindi.... vertical 2.0

Nin unha verba contra o capitalismo, contra a OTAN e o imperialismo, nin siquer plantexan a loita de clases. Coma membro da clase operaria estou contra a aristocracia sindical. Contra os liberados panzistas vendidos ao capital, e traidores a clase obreira. Sindicalismo vertical mais que amarelo e reaccionario pequeno burgues das burocracias funcionarias. UGT e CC OO 2.0 Eunucos pagados das grandes mafias explotadoras, banqueiras e oligarquicas contra o sindicalismo contra o sindicalismo nacionalista de clase CIG, LAB, ELA e a CUT anti mercenario Gordillo. O levades de caralho a lumpen rapazada nin traballa, nin ten esperanzas e menos cotizan, e os traballadores que quedamos fuximos de vos, do 15Merdas. e funcionariado panzista mais que dos PPepeiros Syrizos do caralho.

1 Oqqueiras

Coñeces as virtudes da tila?

2 Clase servil de don Amancio

Nin caso, o rancio e casposo este é o criado que lle limpa as letrinas a Amancio Ortega. Moita palabrería e despois agacha a cabeza como servo do capitalismo. E, claro, anda preocupado por se lle reducen os beneficios multimillonarios do seu señor. Sabe quen non molesta e mesmo agrada ao sistema e ao capital (a CIG --que participa e chupa da Fundación Tripartita con CC.OO., UGT e empresarios--, o BNG ou IU, dígase UPG ou PCE) e quen fai proer (Podemos ou un novo sindicalismo non subvencionado). Deixade que siga ladrando mentres cavalgamos!