O porteiro dunha discoteca de Santiago indemnizará con 10.000 euros a un cliente que acabou atropelado tras un empurrón

O porteiro requiriu ao denunciante para que saíse do local, ao queixarse unha camareira do seu comportamento. No exterior, o cliente, que se atopaba "fortemente intoxicado polas sustancias que inxerira esa noite", tentou volver ao interior do establecemento, o que o acusado non lle permitiu. Un empurrón "non moi forte" fixo que saíse impulsado ata a calzada, por onde pasaba un coche.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2024 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia