Pais poden consultar notas e faltas dos seus fillos dende o móbil

Máis de 82.000 familias de 236 centros educativos seguen a actividade académica dos seus fillos a través da aplicación abalarMóbil.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/01/2016 | Actualizada ás 17:09

Comparte esta noticia

Nos últimos meses, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, aumentou o número de centros que poden dispoñer da aplicación abalarMóbil.

Ledicia Costas nun aula
Ledicia Costas nun aula | Fonte: b-s.colexionslourdes.es

En total foron 86 os centros educativos que se incorporaron aos 150 existentes ata o momento. Deste xeito, xa son máis de 82.000 familias das 4 provincias galegas (104 da provincia da Coruña, 37 da provincia de Lugo, 29 da provincia de Ourense e 66 da provincia de Pontevedra) as que se están beneficiando desta ferramenta. Neste enlace pódense consultar a listaxe dos centros educativos.

Os pais e as nais que descarguen a aplicación poderán consultar desde o seu dispositivo móbil as cualificacións dos seus fillos, solicitar unha cita de titoría, consultar e xustificar as faltas de asistencia; visualizar as faltas de conduta, os horarios e as materias; acceder ás incidencias creadas polo profesorado e aos avisos ou notificacións dos docentes ou do centro educativo, e modificar o idioma da aplicación.

abalarMóbil traslada ás tablets e aos smartphones os servizos que as familias teñen no espazoAbalar. A aplicación pode descargarse nos markets Apple Store (se o sistema operativo é iOS) ou desde Play Store (se o sistema operativo é Android)

Acceso máis sinxelo

A principal vantaxe desta ferramenta é que simplifica o acceso a estas funcionalidades con respecto aos servizos que ofrece espazoAbalar, xa que o único requirimento para acceder á información é descargar a aplicación. Para acceder á parte privada do portal espazoAbalar é necesario dispoñer dun ordenador con certificado dixital ou do DNI electrónico, que verifique a identidade do usuario. Con esta aplicación só é necesario dispor dun teléfono móbil con conexión de datos e descargar a aplicación para poder acceder aos servizos de abalarMóbil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 iPhone 6

Es lógico, ya que ahora mismo los móviles se usan en cualquier parte. Se puede usar también el iPhone 6 como dispositivo para consultar notas.