Principio de acordo co PSOE para que En Marea teña grupo propio

En Marea poderá formar un grupo parlamentario propio galego de consolidarse o principio acordado onte entre Podemos e PSOE. Este xoves houbo unha reunión entre os socialistas e o partido morado en Madrid.

Por Manuel Vilas | Madrid | 08/01/2016 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Segundo indica Fernando H. Valls en La Información, os representantes do PSOE aceptarían a formación de catro grupos: Podemos, En Marea (Galicia), En Comú Podem (Cataluña) y Compromís-Podem (Comunidad Valenciana). Agora ben, a decisión final depende do Comité Federal dese partido, que se debe reunir antes do día 13, cando se constitúen formalmente as Cortes. Mercedes Zaragüeta en OKdiario cita fontes do PSOE para confirmar o preacordo, e asegura que o presidente da Cámara Baixa será socialista.

Reunión de Pablo Iglesias de Podemos con Xosé Manuel Beiras, de ANOVA
Reunión de Pablo Iglesias de Podemos con Xosé Manuel Beiras, de ANOVA

Se cadra porque só e un principio de acordo -que depende en parte tamén da complexa negociación para formar goberno-, nin as fontes oficiais de ANOVA -un dos partidos de En Marea- nin as de Podemos confirmaron, consultadas por GC, o pacto. Agora ben, tampouco o negaron. Os nacionalistas galegos, que din estar ao tanto das conversas, indicaron que non van facer valoracións até o día 13. Os seus deputados toman hoxe posesión das súas actas en Madrid.

Hai que ter en conta que o principio de pacto PSOE+Podemos debe sumar máis socios para saír adiante. Tanto PP como Ciudadanos xa se pronunciaron en contra. “Sería inxusto para os españois pagar do seu peto que alguén poidese ter máis turnos de palabra ou máis diñeiro que lle corresponde”, declarou onte Albert Rivera. 

Un dos posíbeis socios no acordo -que negocian a galega Carolina Bescansa de Podemos e o socialista Antonio Hernando- podería ser Democracia i Llibertat. A coalición política catalá na que participa CDC mostrouse aberta a un pacto co PSOE para constituír unha Mesa o máis plural posíbel. Interésalles, porque seguindo ao pé da letra o regulamento do Congreso, eles tampouco teñen dereito a grupo parlamentar, ao non sumar o 15% por Barcelona.

Sería esta Mesa do Congreso formada por múltiples partidos e presidida polo PSOE a encargada de interpretar o regulamento do Congreso para formar grupos parlamentarios. Se na súa composición o PSOE logra que PP e Ciudadanos non teñan maioría de bloqueo, os outros grupos poderían dar luz verde aos catro grupos relacionados con Podemos, pois o Tribunal Constitucional fallou en varias ocasións que é o propio poder Lexislativo quen ten que interpretar as súas normas. 

Carolina Bescansa, cofundadora de Podemos
Carolina Bescansa, cofundadora de Podemos | Fonte: cadenaser.com

O regulamento establece que “en ningún caso pueden constituir Grupo Parlamentario separado Diputados que pertenezcan a un mismo partido”. Na candidatura de En Marea hai deputados, como Antón Gómez Reino, que pertencen a Podemos.  As negociacións buscan como esquivar esta barreira, que PP e Ciudadanos poderían explotar nos tribunais.

Pola súa banda Podemos confirmou de novo o seu compromiso cos grupos parlamentares autonómicos. Fíxoo no comunicado oficial tras finalizar a rolda de reunións de Pablo Iglesias con En Comú Podem, Esquerra Unida i Alternativa, Esquerda Unida, Anova, Compromís, Equo e Iniciativa per Catalunya Verds.

Iglesias di que lles transmitiu a urxencia de aprobación xa a Ley 25 de Emergencia Social. A tramitación desta Lei e a propia configuración dos grupos parlamentares evidenciará se o PSOE e Podemos logran manterse unidos e sumar outros partidos para abrir a porta a un cambio de Goberno, que impida a convocatoria dunhas novas eleccións xerais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

10 Gamela

Lei 25 + Grupo Parlam. En Marea = Adiante ! // Pero se o prezo para que Pedrito pseudogoberne é un grupo parlamentario NON e mil veces NON !

1 Troskiño darriba

E logo que pensabas....

9 Inculto

Pedro e o lobo di a cidadania do BNG cando ven por enésima vez que esta organización critica ou rexeita a outras organizaciones ou incluso a poboacion. Tanto abusaron do argumento do enemigo externo para liquidar militantes que xa non os escoita ninguen.

8 vexo a tele...logo existo

Por un intre pensei que entrei nas webs da giliprogresia expañola La Secta ou Publico ao ver os Mesias facendo posturiñas. Entro e vexo La SER...abraia a capacidade do rexime pra sobrevivir sen mudar ren. A farsa da repeticion 2 vecas da historia, que falaba Marx. Novo mona-ca Borrbon, nova transicion, novo bipartito 2.0, novo Felipe GALzalez de coleta 2.0 Coma decia o loro do burdel: "o rexime e medios xa coñecidos sson os mesmo, so mudan as put. que son novas. Vaia pasta aa maiores en grupos e comisions vai sacar Potemos se lles permiten as marcas brancas.

1 Bernardo

O chiste do loro do burdel retrata a túa ideoloxía. Canto criptoreaccionario hai no BNG, non é só Bautista Álvarez, non... E canto morro, 20 anos termando do réxime facendo de terceira pata das Deputacións e dos Concellos e da Xunta co PSOE e agora queres convencernos de que estás en contra do... sistema? :) Cóntallo ao loro, a ver se se ri el.

7 Francisco Carlos

Ya devolveu Paco Rodríguez o Plan de pensións do Parlamento Español?

6 Antolin o dos cubatas

Veña upegallos: A cuspir veleno e a ladrar

1 Orillas

Veña Podemitas, a enganar a xente.